Organizado pola Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello.
A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello organiza un curso de manipulación de alimentos, para a súa expedición ou ben renovación se é o caso.
- Destinatarios: persoas interesadas en xeral
- Data: venres 24 de marzo de 17.00 h. a 20.00 horas
- Lugar: Centro Sociocultural de Zas
- Duración: 3 horas
- Precio: 25 euros
- Inscrición: ata o 22 de marzo
As persoas interesadas en participar neste curso deben realizar a súa inscrición xunto da Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, ou ben chamando ao Concello de Zas (tel.981708303).