Convocatoria de contratación de 5 peóns dentro do Plan de Integración Laboral da Deputación Provincial da Coruña.

O prazo de presentación remata o 20 de xullo.

As persoas que poden inscribirse teñen que estar desempregadas e reunir algún dos seguintes requisitos:

  • Mulleres

  • Maiores de 45 anos.

  • Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33%.
    A discapacidades deberá acreditarse mediante a presentación dun certificado do grao de discapacidade.

  • Persoas desfavorecidas que estean nalgunha das seguintes situacións: drogodependencia, vivir nun fogar donde ninguén teña emprego, persoas sen fogar, persoas con fogar monoparental, e persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.
    Este requisito acreditarase mediante informe social do concello onde resida.

  • Parados de longa duración. Para os efectos deste programa consideraranse como parados de longa duración, aquelas persoas que leven máis de dous anos como mínimo como demandantes de emprego.
    Este requisito acreditarase mediante a presentación da tarxeta de demandante de emprego, onde se indique a data de inscrición, ou ben certificado do período de inscrición como demandante de emprego do Servizo Público de Emprego.

  • Persoas vítimas de violencia de xénero.
    Este requisito acreditarase mediante sentencia xudicial en firme e comprobarase de oficio.
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 Agosto, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 Agosto, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 Agosto, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
30 Xullo, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.