limpeza_Zas_1

Continúa a campaña de limpeza das cunetas da rede viaria do Concello de Zas

  • Durante os meses de verán, un tractor con desbrozadora pon a punto os centos de quilómetros da rede viaria municipal
  • O resto do ano, a campaña céntrase nas pistas e camiños forestais

 

Unha brigada do Concello de Zas traballa durante estes meses de verán na posta a punto dos centos de quilómetros da rede viaria do municipio aproveitando así a época de máis calor para que a limpeza sexa máis efectiva e os marxes viarios permanezan limpos durante o maior tempo posible.

A campaña de limpeza nas zonas rurais comezou o pasado mes de xuño polo que xa se limparon varios núcleos do municipio.Precisamente, neste momentos, a brigada atópase pola zona sur do concello. A campaña realizase cun tractor dotado dunha desbrozadora.  O alcalde de Zas, Manuel Muíño, comprobou o avance dos traballos e asegurou que “de aquí ao final do verán quedará limpa a rede viaria municipal mellorando así a visibilidade nas nosas estradas e deixando libres as canles de desagüe das agua pluviais”.

Ademais, esta limpeza integral da rede municipal de pistas, camiños e espazos públicos faise coincidir, sempre na medida do posible, cos días previos aos eventos e festas da cada unha das parroquias.

O resto do ano a campaña de desbroce céntrase na rede de pistas e camiños fortestais do municipio.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

31 Agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
29 Agosto, 2026
Este domingo, 30 de agosto, celébrase no Campo Municipal de San Andrés a XXXV edición do Trofeo Concello de Zas, unha cita que xa ...
20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 Agosto, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 Agosto, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 Agosto, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.