Concurso_Escaparates_En_Negro_Contra_as_Violencias___Zas

Confecciones Valiña e Modas Lodi gañan o concurso de escaparates “En Negro Contra as Violencias”

O Alcalde de Zas e a responsable do CIM entregáronlle esta mañá un trofeo e un diploma aos responsables destes establecementos

 

Erradicar a violencia de xénero será un dos desafíos os que se enfronten as administracións e demais axentes sociais ao longo do 2019. Con esta premisa entregáronse esta mañá no Concello de Zas os premios do Concurso de Escaparates “En Negro contra as Violencias” no que participaron varios establecementos comerciais do municipio. Confecciones Valiña e Modas Lodi recibiron o premio (un trofeo e un diploma) que se lles entregou durante o acto que tivo lugar esta mañá na Casa Consistorial de Zas e ao que asistiron o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, xunto coa responsable do CIM – Centro de Información á Muller –, Carmen Espasandín. Patricia Senande, Concelleira de Igualdade de Zas, non puido asistir ao acto de entrega dos premios por cuestións persoais.

Os membros do Centro Especial de Emprego Aspaber encargáronse do deseño e da elaboración dos trofeos. O xurado do concurso de escaparates tivo en conta a composición, a utilización de elementos propios da campaña, o uso do galego así como a implicación dos responsables dos comercios nas distintas actividades que se desenvolveron entre o 19 e 29 de novembro de 2018 no marco do programa “En Negro contra as Violencias”. Ao igual que nos anos anteriores, rexistrouse unha amplísima participación do empresariado local na campaña que transformaron os seus escaparates para mostrar o seu rexeitamento á violencia usando cores negras e difundindo mensaxes da campaña.

Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Zas – a través da Concellería de Igualdade – participou na campaña “En Negro Contra as Violencias” impulsada polo Concello de Santiago de Compostela e na que participaron máis de cen municipios galegos xunto coas Deputacións de A Coruña, Lugo e Pontevedra. Foron varias as actividades que se desenvolveron no noso municipio no marco desta campaña de sensibilización e nas que houbo un alto nivel de participación por parte de distintos sectores da nosa veciñanza. Nesta ocasión, coordináronse diferentes actividades nas que se implicou ao tecido empresarial, asociativo, educativo e deportivo do municipio e que se desenvolveron ao redor do 25 de novembro, data na que se conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
18 Febreiro, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
17 Febreiro, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
15 Febreiro, 2026
Máis dun centenar de veciños e veciñas do concello de Zas acudiron á reunión convocada polo goberno municipal e deixaron clara a s...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.