encontro_interxenacional_1

Conclúe a primeira parte do proxecto “As regueifas dos Pazos” coa publicación de varios vídeos na rede

No proxecto, impulsado polo Concello de Zas, participan alumnos e alumnas do CEIP Labarta Pose, do CPI de Zas e do IES Maximino Romero de Lema
 

 

Xusto co chegada das vacacións do Nadal, o alumnado dos tres centros educativos do Concello de Zas veñen de rematar a primeira fase do proxecto “As regueifas dos Pazos” coa publicación de varios vídeos nas redes. 

“As regueifas nos Pazos” é un proxecto educativo impulsado polo Concello de Zas a comezos do presente ano académico e no que están a traballar alumnos e alumnas do CEIP Labarta Pose, do CPI de Zas e do IES Maximino Romero de Lema. En concreto nesta primeira fase participaron alumnados de 4º e 6º de Educación Primaria e un grupo mixto de Educación Secundaria. O principal obxectivo de “As regueifas dos Pazos” é o de poñer en valor a arquitectura civil do noso municipio, exemplificada nos seus pazos e casas grandes, a través de creacións literarias e musicais coa composición de regueifas. Con este tipo de traballo os máis novos coñecer o patrimonio do Concello empregando as novas tecnologxías xa que foron elas e eles as encargadas de gravar e montar os vídeos. 

Os traballos

Dezasete alumnas e alumnos de 6º de Primaria do CEIP Labarta Pose, xunto coa súa profesora Sinda Cundíns, realizaron regueifas sobre a casa natal de Labarta Pose, o pazo das Torres do Allo e o pazo do Cruceiro de Zas. Na seguinte ligazón podedes ver o seu traballo: https://vimeo.com/380495917

Un cantar de cego foi a temática elixida polos 14 alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria do CPI de Zas que, xunto co seu mestre José Antonio Vázquez Martínez, montaron un vídeo de dous minutos de duración. Este é o resultado: https://vimeo.com/380493812

O pazo de Daneiro, o de Follente e a Casa do Concello foron os bens sobre os que investigaron un grupo de estudantes do IES Maximino Romero de Lema. Para ver o seu traballo teremos que agardar ata despois do Nadal. 

Esta primeira parte do proxecto incluíu a celebración dun encontro interxeracional coa veciñanzas que tivo lugar no pasado mes de novembro no Centro Sociocultural de Baio. Alumnas e alumnos dos tres centros educativos conversaron coas persoas maiores que nalgún momento das súas vidas tiveran algún tipo de relación con algún pazo ou casa grande do noso municipio. Fixéronlle preguntas sobre a súa relación con estas construccións, sobre os costumes, o traballo, a emigración e tamén sobre as festas. 

Con toda a información recompilada, xunto coa investigación previa realizada nos centros, os grupos compuxeron as súas regueifas. Estas improvisacións orais en verso fomentan a capacidade de articulación dun discurso e amplían as aptitudes retóricas. Así mesmo, posibilitan un diálogo que saca á luz, dun xeito horizontal, as desigualdades imperantes na sociedade. 

Ademais da divulgación na rede dos videos, estes interpretaranse nunha visita guiada aos distintos pazos do noso concello que realizaremos á volta do Nadal.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 Setembro, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
17 Setembro, 2026
A Deputación da Coruña achegará máis de 700.000€ ao desenvolvemento doutros proxectos no Concello, non incluídos no Plan Complemen...
14 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de anunciar que As Torres do Allo manterán as súas portas abertas durante os meses de outono e inverno, unha...
12 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de realizar as denuncias e reclamacións pertinentes ante as administracións competentes para reclamar unha s...
11 Setembro, 2026
O histórico conxunto das Torres do Allo, considerado o pazo máis antigo de Galicia, pecha a súa campaña de verán de 2026 cun balan...
31 Agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.