curso_xestion_soutos_producion_castana

O Concello de Zas organiza un curso gratuíto sobre a produción de castaña

Terá lugar os días 30, 31 de maio e 1 de xuño no Centro Sociocultural de Zas

Co fin de mellorar o aproveitamento forestal no noso municipio  e de fomentar a actividade agraria, o Concello de Zas organiza un curso sobre a xestión dos soutos para a produción da castaña. 

Este é un curso de 12 horas de duración no que se abordarán temas como a elección do lugar da plantación (orientacións e zonas climáticas recomendadas), a preparación do solo (rozas, laboreo,..), a plantación, o manexo do souto (enxertado, poda, rega,…), a mecanización para a recollida do froito, pragas e doenzas dos castiñeiros, etc. A formación será no Centro Sociocultural de Zas os días 30 e 31 de maio e o 1 de xuño en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Esta é unha actividade gratuíta que está dirixida principalmente persoas que pretendan iniciar unha actividade agraria, produtores en activo, persoas desempregadas e veciñanza en xeral. 

Máis información e inscricións

A data límite para realizar a inscrición é o 25 de maio e todas aquelas persoas interesada poderán ampliar información e anotarse no número de teléfono 981 70 83 03 (en horario de 09:00 a 14:00 horas).

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

14 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de anunciar que As Torres do Allo manterán as súas portas abertas durante os meses de outono e inverno, unha...
12 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de realizar as denuncias e reclamacións pertinentes ante as administracións competentes para reclamar unha s...
11 Setembro, 2026
O histórico conxunto das Torres do Allo, considerado o pazo máis antigo de Galicia, pecha a súa campaña de verán de 2026 cun balan...
31 Agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
29 Agosto, 2026
Este domingo, 30 de agosto, celébrase no Campo Municipal de San Andrés a XXXV edición do Trofeo Concello de Zas, unha cita que xa ...
20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.