IMG_0347_450x600px

Case 400 persoas participan nas visitas teatralizadas das Torres do Allo

Os participantes chegaron dende diversos puntos tanto da Costa da Morte  (Zas, Vimianzo, Cabana de Bergantiños, Laxe,…) como do resto do estado.

Case 400 persoas participaron nas visitas guiadas teatralizadas que tiveron lugar durante os domingos de xullo e agosto – do 10 de xullo ao 28 de agosto – nas Torres do Allo. “Pazos da Terra” foi o nome deste programa de divulgación organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Zas.

Os participantes chegaron dende diversos puntos tanto da Costa da Morte  (Zas, Vimianzo, Cabana de Bergantiños, Laxe,…) como do resto do estado. Entre os participantes nacionais, Madrid e Barcelona foron os principiais lugares de orixe. A maior parte dos asistentes ás visitas guiadas teatralizadas tiñan entre 30 e 50 anos seguidos dos maiores de 50 anos. 

Os actores da compañía de teatro Os Quinquilláns encargaronse de darlle vida a Francisca Rioboo e a Víctor López Seoane nun espectáculo gratuito no que os visitantes percorreron as estancias interiores e exteriores do pazo coñecendo o seu pasado dun xeito divertido.

Ésta foi unha das actividades postas en marcha polo Concello de Zas desde que se encarga da xestión e da difusión do monumento.

Por outra parte, ata o vindeiro 15 de setembro, as Torres do Allo continúan abertas todos os días en horario de 11 a 20 horas.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 Agosto, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 Agosto, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 Agosto, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
30 Xullo, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.