3festa_carballeira_zas

Cancelada a 37ª edición da Festa da Carballeira

É unha decisión tomada dende a responsabilidade ante a situación provocada polo Covid-19

 

Dende a organización da Festa da Carballeira de Zas sentimos comunicar a CANCELACIÓN da 37 edición do festival que se iba celebrar o 31 de xullo e o 1 de agosto de 2020.

A situación actual non nos permite garantir a seguridade de todas as persoas participantes no festival (voluntarios, artistas, técnicos, provedores e público).
É unha decisión tomada dende a responsabilidade, con todos os participantes, pero sobre todo, responsabilidade cos nosos veciños e os nosos maiores aos que queremos seguir vendo en futuras Carballeiras.

Queremos expresar o noso agradecemento a patrocinadores, provedores e artistas cos que xa tiñamos contactado para participar na presente edición, e o agradecemento a todo o mundo que nos apoiou nestes 36 anos, nos que, pese a momentos moi difíciles, nunca se tivo que suspender ningunha edición.

Para toda a xente que estamos detrás deste evento foi unha decisión moi dolorosa e moi difícil, pero voltaremos! e haberá máis Carballeiras.

A nosa intención é que a de 2021 sexa unha edición especial, máis plural, máis galega ca nunca, e sobre todo libre de virus.

Moitas gracias a todos e agardámosvos o próximo ano, en Zas, como os 36 anteriores!

Vémonos os 6 e 7 de agosto de 2021, NA CARBALLEIRA DE ZAS.

 

Asociación Cultural Castro Meda

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

14 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de anunciar que As Torres do Allo manterán as súas portas abertas durante os meses de outono e inverno, unha...
12 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de realizar as denuncias e reclamacións pertinentes ante as administracións competentes para reclamar unha s...
11 Setembro, 2026
O histórico conxunto das Torres do Allo, considerado o pazo máis antigo de Galicia, pecha a súa campaña de verán de 2026 cun balan...
31 Agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
29 Agosto, 2026
Este domingo, 30 de agosto, celébrase no Campo Municipal de San Andrés a XXXV edición do Trofeo Concello de Zas, unha cita que xa ...
20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.