carballeira-baio-2023

Baio prepárase para a Festa da Carballeira que se celebra o vindeiro 25 de xuño

O dúo Aixa amenizará a sesión vermú e parte da verbena que compartirá escenario con Laura Añón&Federato&Ángel Sevilla

 

Xa está todo preparado para unha das festas co maior espíritu familiar e tradicional do noso concello: a Festa da Carballeira de Baio que, como cada ano, celébrase o último domingo do mes de xuño e que, nesta ocasión, recae no día 25.

A festa comeza pola mañá coa música tradicional da Asociación Cultural Adro e que lle darán paso a unha sesión vermú amenizada polo dúo Aixa. As actuacións continuarán pola tarde con dúas charangas animando as mesas: a charanga O Rumbo de Sardiñeiro e a charanga NBA. E cando vaia chegando a noite a música volverá ao palco principal da man do dúo Aixa e de Laura Añón&Federato&Ángel Sevilla.

Co fin de conservar este espazo natural – incluído no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras – e de manter o bo ambiente prohíbese facer lume no chan, poñer equipos musicais e instalar carpas pechadas. 

A Festa da Carballeira de Baio está organizada polo Concello de Zas coa colaboración da Comisión de Festas de Baio e da Asociación Cultural Adro.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

14 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de anunciar que As Torres do Allo manterán as súas portas abertas durante os meses de outono e inverno, unha...
12 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de realizar as denuncias e reclamacións pertinentes ante as administracións competentes para reclamar unha s...
11 Setembro, 2026
O histórico conxunto das Torres do Allo, considerado o pazo máis antigo de Galicia, pecha a súa campaña de verán de 2026 cun balan...
31 Agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
29 Agosto, 2026
Este domingo, 30 de agosto, celébrase no Campo Municipal de San Andrés a XXXV edición do Trofeo Concello de Zas, unha cita que xa ...
20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.