O venres 23 de outubro celebrarase unha sesión de curtas galegas de animación dentro da programación dos VI Premios Fouciño. Proxectaranse no Local Fouciño varias curtametraxes, entre elas ‘Homeless Home’, ‘The Monkey’, ‘Sandwich Cat’ e ‘O corpo de Cristo’. A xornada completarase cun concurso de dobraxe en directo, con queimada e premios. Será no Local Fouciño a partir das 20:00 horas.