Así será o Entroido de Zas

 

Entroido xa case está aquí e no Concello de Zas xa temos todo preparado para recibir unha das festas máis agardadas do ano. Coma sempre, haberá actividades nas que pode participar toda a veciñanza. Debullámolas todas a continuación:

FESTA DE ENTROIDO

Esta programación especial arranca o sábado 1 de marzo cunha gran festa de Entroido que celebraremos no polideportivo municipal de Baio a partir das 17:00 horas. Haberá inchables, maquillaxe, xogos e un concerto-punk para os máis pequenos amenizado por Brais das Hortas e Peter Punk. Tamén haberá doces típicos de entroido e cantina a favor do alumnado de 4º da ESO do IES de Baio.

OBRADOIROS DE ENTROIDO INFANTÍS

Como de costume nas vacacións escolares, o Concello de Zas oferta uns obradoiros para a rapazada co fin de facilitar a conciliación  laboral e familiar da veciñanza. Os talleres serán os días 3 e 4 de marzo e realizaranse dúas quendas; unha no Centro Sociocultural de Zas e outra no Centro Sociocultural de Baio. As dúas serán en horario de 10:00 a 13:00 horas e para participar é necesario anotarse previamente no 981 751 398 ou no 981 718 056. Son de balde.

CONCURSO DE DISFRACES

O martes de entroido, 4 de marzo, faremos o noso tradicional concurso de disfraces no polideportivo municipal de Zas que estará acompañado dunha gran festa que comezará ás 16:00 horas e na que haberá inchables, pintacaras, animación musical con Pequedisco Moc Moc e filloas á pedra para todos e todas. Tamén haberá máis doces tradicionais do Entroido e cantina a favor do alumnado de 4º da ESO do CPI de Zas. 

A iso das 19:00 horas comezará o concurso de disfraces no que se poderá participar tanto de forma individual como en grupos. Repartiranse 1.750€ en premios que se distribuirán da seguinte maneira:

Categoría A (de 0 a 5 anos)

• 1º premio: 150€

• 2º premio: 75€

• 3º premio: 50€

Categoría B (de 6 a 14 anos)

• 1º premio: 150€

• 2º premio: 75€

• 3º premio: 50€

Categoría C (máis de 15 anos)

• 1º premio: 250€

• 2º premio: 150€

• 3º premio: 100€

Grupos (máis de 3 compoñentes)

• 1º premio: 300€

• 2º premio: 200€

• 3º premio: 100€

Tamén haberá o premio especial “Zaschoqueiro” de 100€ ao disfraz máis orixinal e peculiar ataviado de xeito artesanal e estrafalario.

Para participar no concurso de disfraces é necesario anotarse previamente nas dependencia do Concello ou ben o propio día do concurso antes das 18:00 horas no propio polideportivo. A bases do concurso tamén se poden consultar na Sede Electrónica do Concello de Zas.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

2 Maio, 2026
O Concello de Zas acollerá a partir do vindeiro luns, 4 de maio, a exposición ‘Cores da alma’, unha mostra do artista catalán José...
1 Maio, 2026
O Concello de Zas pechou o período de inscricións na IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose cun resultado histórico, rexistr...
22 Abril, 2026
O Concello de Zas organiza este sábado, 25 de abril, a presentación do libro ‘As tolas que non o eran. Mulleres no Manicomio de Co...
15 Abril, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 Abril, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 Abril, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.