zas-ampliacion-ponte-allo

As obras de ampliación da ponte de acceso ao parque empresarial de O Allo obrigan a pechar o tránsito a partir deste mércores

Este mércores, 28 de maio, péchase o tránsito a ponte que comunica Lamas co Parque Empresarial de O Allo debido ao inicio das obras de ampliación da mesma coas que se mellorará o acceso ao polígono.

O Concello de Zas investirá nestas obras un total de 162.785,03€ e que se inclúen no plan de mellora da rede de estradas municipais; unha das máis extensas e mellor conservadas da zona. As obras consisten principalmente na demolición da ponte actual, o acondicionamento do cauce e na colocación dun taboleiro de 8,7 metros de ancho apoiado sobre vigas prefabricadas. Unha vez rematadas as obras contaremos cunha nova ponte con dous carrís de circulación, un en cada sentido, e unha franxa peonil de 1,5 metros.

Desta maneira, o equipo de goberno municipal dálle resposta a unha demanda veciñal e coa que se mellorará notablemente o acceso ao Parque Empresarial de O Allo facilitando a entrada de camións, furgonetas e outros vehículos de gran volume. 

Últimas novas publicadas

9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 Xuño, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 Xuño, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
19 Xuño, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.