folleto letras 2019

Arranca o programa “Maio, mes das letras” cargado de actividades para a animación á lectura, música e teatro

Xunto con esta programación chega o XI Concurso de Marcapáxinas para homenaxear a Antón Fraguas, protagonista do Día das Letras Galegas 2019

Un ano máis, xa está aquí o programa “Maio, mes das letras” co que o Concello de Zas, a través da Concellería de Cultura, conmemora a festividade das Letras Galegas. E como sempre, o programa esténdense a todo o mes con diferentes propostas dirixidas principalmente aos máis novos.

A lectura, a música, o teatro e a creatividade son os piares básicos desta programación que arranca coa apertura do XI Concurso de Marcapáxinas. Con este certame, as nosas bibliotecas municipais queren sumarse aos actos de homenaxe a Antón Fraguas, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas do 2019. Nel poderán participar as alumnas e alumnos dos centros escolares do Concello de Zas sendo o Día das Letras Galegas o tema obrigatorio. Cada participante poderá presentar un único traballo en papel, a toda cor, por unha cara e coas dimensións máximas de 21x5cm. Hai tres categorías: A (ata os 5 anos), B (de 1º a 5º de Primaria) e C (de 6º de Primaria a 4º da ESO). Valorarase a calidade dos deseños, a imaxinación e a orixinalidade e haberá dous premios por cada unha das categorías dotados cun lote de libros cada un. Ademais, os marcapáxinas premiados utilizaranse na Biblioteca Pública Municipal de Zas e na Axencia de Lectura de Baio acompañando a cada libro que se preste até o Día das Letras do ano 2020. Os traballos poden enviarse ata o luns, 20 de maio de 2019 e as bases completas do concurso poden consultarse na páxina web do Concello de Zas.

O resto das actividades do programa “Maio, mes das letras” comezan xa este martes, 7 de maio, coa visita dos Ratos Lonxedetodo – da compañía Trinke Trinke Teatro – á Biblioteca Municipal de Zas. Nesta ocasión, veñen cun animado contacontos infantil no que falarán dun tema moi interesante para as crianzas como é “De onde veñas os bebés?”. Os ratiños volverán o día 21 á Axencia de Lectura de Baio co mesmo espectáculo. En ambos casos, a función comeza ás 18:00 horas.

A seguinte cita é o luns 13 de maio e, nesta ocasión, será “Polo Correo do Vento” o que visite os nosos centros educativos. Farao co obradoiro creativo “A detective Peregrina e o insólito caso de Antón Fraguas” que terá lugar ás 10:00 horas no CPI de Zas e ás 12:30 horas no CEIP Labarta Pose. Este mesmo día, tamén ás 12:30 horas, o alumnado de Secundaria do CPI de Zas asistirá un espectáculo de música e poesía de Feminino Plural no que Silvia Penide e Carla López abordarán o “Achegamento ao universo das mulleres autoras”.

 

 

Xa o martes, 14 de maio, as actividades xirarán ao redor da música. Así, Magín Blanco estará ás 12:30 horas no CEIP Labarta Pose de Baio co seu espectáculo “Camiños”; mentras que o Zënzar fará un “Repaso da nosa música e o papel da muller nela” nunha sesión que terá lugar ás 16:30 horas no IES Maximino Romero de Baio.

 

IV Mostra de Teatro

E xa o domingo 9 de xuño, o teatro será o encargado de pechar esta programación. A cita é ás 18:00 horas no Auditorio Municipal de Baio onde terá lugar a clausura da Escola Municipal de Teatro Infantil. Ese mesmo día, tamén se coñecerán os gañadores da IV Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose que vén de rematar as representacións das cinco obras de teatro finalistas na presente edición.

 

Folleto letras
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

17 Febreiro, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
15 Febreiro, 2026
Máis dun centenar de veciños e veciñas do concello de Zas acudiron á reunión convocada polo goberno municipal e deixaron clara a s...
13 Febreiro, 2026
O Concello de Zas quere aclarar a situación actual respecto ás actuacións necesarias no CEIP Labarta Pose e no CPI de Zas, e lamen...
11 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acolleu onte, martes 10 de febreiro, a presentación da 8ª edición do Programa de Democratización do...
11 Febreiro, 2026
O Concello de Zas convoca á veciñanza a unha reunión informativa que se celebrará este venres, 13 de febreiro, ás 20:00 horas no C...
9 Febreiro, 2026
Mañá, martes 10 de febreiro, ás 17:00 horas, terá lugar no Centro Sociocultural de Baio a inauguración da 8ª edición do Programa d...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.