Pleno_extraodinario_POS2020

Aprobados os proxectos incluídos dentro do Plan Único POS+ para o 2020

A Deputación da Coruña achegará un total de 331688,98€ incluídos dentro do POS+ 2020 e outros 288609,54€ do Plan Complementario
 

O Goberno Municipal de Zas continúa coa súa aposta pola conservación das estradas do termo municipal despois de que esta mañá se aprobase no pleno extraordinario as diferentes propostas incluídas dentro do Plan Único POS+ da Deputación da Coruña para o 2020 cun importe total de 331688,98€.

O Concello de Zas destinará unha parte da achega da Deputación (267058,39€) a gasto corrente entre o que se inclúe o alumeado público e a limpeza e mantemento dos edificios públicos (centros educativos e centros de saúde, instalacións deportivas, dependencias municipais,…). Os restantes 64630,59€ destinaranse á mellora do firme e ancheamento de diversas estradas de titularidade municipal. 

Máis obras

A corporación municipal aprobou tamén o Plan Complementario 2020 no que se inclúen distintas obras por un importe total de 288609,54€. Entre as actuacións a acometer figuran a reforma da zona de vestiarios do pavillón municipal de Baio (141379,38€), acondicionamento das áreas de estacionamento e accesos ao campo de fútbol de Zas e ao tanatorio municipal (92498,96€); e traballos de mellora e conservación nas estradas municipais de Fornelos (Baio), O Couto (Muíño), As Pedresqueiras (Baio) e na estrada de Teixedón a San Roque (Mira); todas elas por un importe de 54731,2€. 

Durante a sesión plenaria desta mañá, tamén se aprobou a reformulación do proxecto de “Terminación e ampliación de acondicionamento de cunetas na estrada A Piolla – Brandomil e en diversas estradas asfaltadas municipais” que fora incluído no POS+ 2018 e que foi necesario reformular debido a que se rescindira o contrato coa empresa adxudicataria. O importe desta actuación é de 95643,69€.

Todas as propostas saíron adiante co voto a favor de toda a Corporación Municipal. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Abril, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 Abril, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 Abril, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 Abril, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 Abril, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
28 Marzo, 2026
O Concello de Zas continúa a consolidar a súa programación cultural coa inauguración da exposición ‘Aires da Terra’, da artista Is...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.