deporcampus_zas_2020

Abertas as inscricións para o DéporCampus Cabreiroá 2020 que acolle o Campo Municipal Platas Reinoso de Baio do 27 ao 31 de xullo

  • Activarase un protocolo especial fronto ao Covid-19 para garantir as medidas hixiénicas establecidas polas autoridades sanitarias
  • As inscricións poden realizarse a través da páxina web www.deporcampus.rcdeportivo.es ata o 23 de xullo ás 12:00 horas

 

 

Por cuarto ano consecutivo, o Concello de Zas e o Real Clube Deportivo da Coruña veñen de renovar a súa colaboración para poñer en marcha unha nova edición do DéporCampus Cabreiroá 2020 que terá lugar do 27 ao 31 de xullo no Campo Municipal Platas Reinoso de Baio.

Este campamento deportivo está dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos e serán os técnicos do RC Deportivo os encargados de dirixir as diferentes sesións de adestramento nas que os participantes terán a oportunidade de mellorar as súas habilidades, gozar do xogo e facer novas amizades. 

Como principal novidade, aplicarase un protocolo especial fronte ao Covid-19. Así todos os participantes recibirán unha máscara oficial do RC Deportivo, xunto coa equipación DéporCampus. O protocolo de seguridade das medidas hixiénico – sanitarias pode consultarse aquí. Por este motivo, as prazas están limitadas. 

Inscricións

As inscricións están abertas ata o 23 de xullo ás 12:00 horas e pódense formalizar a través da seguinte ligazón: http://deporcampus.rcdeportivo.es/es/zas-2020/inscribete. As tarifas son de 120€ a normal e de 100€ a bonificada – entre os que están os xogadores do Club Deportivo Concello de Zas – e inclúen equipamento deportivo, máscara oficial do RC Deportivo, seguro de accidentes deportivos, auga e froita durante os adestramentos, diploma e sorteo de regalos.  

Para calquera dúbida sobre o proceso de inscrición pódese escribir directamente ao enderezo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.

“Agradecemos que o RC Deportivo escollera de novo as nosas instalacións para levar a cabo este evento deportivo que é un éxito ano tras ano e que co se fomenta o deporte e a deportividade”, sinala Manuel Muíño, Alcalde de Zas. Asimesmo destacou que nesta edición é necesario facer un esforzo por parte de todos para adaptarse ás circunstancias derivadas do Covid-19.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

14 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de anunciar que As Torres do Allo manterán as súas portas abertas durante os meses de outono e inverno, unha...
12 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de realizar as denuncias e reclamacións pertinentes ante as administracións competentes para reclamar unha s...
11 Setembro, 2026
O histórico conxunto das Torres do Allo, considerado o pazo máis antigo de Galicia, pecha a súa campaña de verán de 2026 cun balan...
31 Agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
29 Agosto, 2026
Este domingo, 30 de agosto, celébrase no Campo Municipal de San Andrés a XXXV edición do Trofeo Concello de Zas, unha cita que xa ...
20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.