timbre

Aberta unha liña de axudas para as melloras das infraestructuras dos establecementos turísticos

O prazo de solicitude remata o próximo 28 de febreiro

Co obxectivo de potencias a oferta turística, a Axencia de Turismo de Galicia vén de publicar recentemente as bases reguladoras para a concesión, en réxime de confluencia competitiva, as axudas para actuacións de mellora das infraestructuras dos establecementos turísticos de aloxamento en Galicia. Con esta medida, o goberno galego pretende modernizar e profesionalizar o sector e as súas infraestructuras e, polo tanto, mellorar a calidade e a competitividade da oferta turística.

Consideraranse actuacións subvencionables todos aqueles que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2019 e, en concreto, poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta resolución, os seguintes investimentos:

  • Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
  • Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial o Q de calidade turística.
  • Actuacións destinadas á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
  • Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético.
  • Actuacións relativas á renovación e modernización das instalacións así como embelecemento do contorno.
  • Renovación dos equipamentos mobles necesarios para o funcionamento do establecemento de aloxamento.

O investimento neto admitido será de ata 100.000 €. No caso de que o orzamento de execución do proxecto presentado coa solicitude de subvención sexa superior ao dito límite, requerirase o solicitante para que reformule o proxecto ata o citado límite. Enténdese por investimento neto o importe orzamentado unha vez deducido o imposto sobre o valor engadido.

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento que reúnan os requisitos establecidos nas bases e que teñan autorizado ou clasificado conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), o establecemento turístico para o cal se solicita a axuda, con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia. O prazo de solicitude remata o 28 de febreiro.

 

Os/as interesados/as poden obter máis información na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Zas (Número de teléfono: 981 708 303).

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 Setembro, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.