30xullo

A Semana Cultural de Zas continúa cun roteiro, obradoiros e humor

Xosé María Lema guiará mañá pola tarde a “Visita ao patrimonio natural, etnográfico e arqueolóxico” do noso municipio

Mañá martes, 30 de xullo, teremos unha nova xornada da Semana Cultural organizada polo Concello de Zas con actividades para todos os gustos. A primeira cita será ás 12:00 horas no Centro Sociocultural de Zas co grupo de teatro Trinke Trinke que nos traerá unha sesión de contacontros infanfil que leva por título “Avós”.

Como dicíamos en anteriores ocasións, o noso patrimonio terá un lugar destacado dentro da programación da Semana Cultural. E unha das citas con el será mañá a través da “Visita ao patrimonio natural, etnográfico e arqueolóxico do Concello de Zas” guiada polo historiador Xosé María Lema. Ás 15:30 horas sairemos do Centro Sociocultural de Zas para dende alí movernos en autobús ata lugares do noso municipio cun enorme valor como a Carballeira de Baio, Pedra Vixía ou as Torres do Allo, entre outros. Aconséllase levar auga e roupa e calzado axeitado xa que haberá que facer pequenas andainas e para asistir é necesario anotarse previamente no número de teléfono 981 751 398 ou no Centro Sociocultural de Zas.

Pero na tarde haberá máis propostas que esta. Unha delas é o obradoiro de cociña “Doces e lambetadas saúdables” que impartirá  a partir das 16:30 horas a dietista Sonia Ferreiro e que está dirixido a nenos e nenas de 5 a 12 anos. Será no Centro Sociocultural de Zas. Un pouco despois, ás 17:00 horas, e o no mesmo lugar, o grupo de baile tradicional Churía impartirá o obradoiro “Como vestir o traxe tradicional”. No taller abordaranse as diferentes pezas que compoñen o traxe tradicional así como a súa colocación. Esta é unha actividade dirixida a pais
ais e alumnado da escola de baile Churía e a todas as persoas interesadas. A esa mesma hora continuará o curso de iniciación ao baile tradicional que se imparte a longo de toda a semana.

O peche desta terceira xornada da Semana Cultural de Zas, chegará en clave de humor da man de Oswaldo Digón. “Anecdoloxía” é o título do monólogo que nos ofrecerá a partir das 21:30 horas no Centro Sociocultural de Zas e que se basea en diferentes vivencias que ten escoitado, vivido ou lido mentras agardaba nun aeroporto, viaxando en tren ou simplemente sentado nunha cafetería.

Todas as actividades son de balde.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 Maio, 2026
O Concello de Zas quenta motores para celebrar a IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Tanto é así, que o Concello acaba d...
17 Maio, 2026
O Concello de Zas celebrará o vindeiro domingo, 24 de maio, a terceira edición da súa Xornada Canina, unha iniciativa pioneira e ú...
15 Maio, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 Maio, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...
12 Maio, 2026
O Concello de Zas desenvolverá durante todo o mes de maio unha ampla programación cultural para conmemorar o Día das Letras Galega...
11 Maio, 2026
O Concello de Zas publicou no taboleiro de anuncios da sede electrónica unha convocatoria para proceso selectivo para a contrataci...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.