sinatura_convenio_torres_do_all1

A Deputación da Coruña e o Concello de Zas colaboran un ano máis na xestión das Torres do Allo

O presidente do ente provincial, Valentín González Formoso, e o alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, asinaron o acordo encamiñado a promocionar o edificio con diferentes actividades
 

Por cuarto ano consecutivo, o Concello de Zas encargarase da xestión e da programación das Torres do Allo ao longo de todo o 2020 grazas a un convenio de colaboración coa Deputación da Coruña. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde do Concello de Zas, Manuel Muíño, asinaron o pasado 17 de xaneiro o acordo nun acto ao que tamén asistiu o deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas. 

O ente provincial achegará un total de 61.000 euros que se utilizarán para a financiación de actividades encamiñadas á promoción do monumento tanto entre o público local como entre os visitantes. O convenio ten como obxectivo darlle un uso turístico ao monumento,, impulsar o seu uso educativo e implicar á poboación local na posta en valor do edificio. Para iso realizaranse ao longo de todo ano actividades de atención a visitantes, comunicación e promoción, así como un programa didáctico dirixido aos centros educativos.

Atención aos visitantes

O convenio contempla a apertura do monumento de 182 días cun horario que do 1 de xaneiro até o 15 de xuño e do 16 de setembro ao 30 de decembro será de 11:00 a 19:00 horas os fins de semana e festivos para ampliarse na tempada de verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro) de luns a venres de 11:00 a 20:00 horas e as fins de semana e festivos de 11:00 a 21:00 horas. En Semana Santa abrirase de 11:00 a 20:00 horas. Cada día de apertura realizaranse dúas visitas guiadas abertas a todos o os públicos e durante o verán ofreceranse ademais visitas teatralizas.

No convenio establécense ademais outras iniciativas de difusión e promoción do monumento dirixidas á comunidade escolar, ao público local e aos visitantes. Entre elas figuran exposicións temporais, actividades para o día do xogo tradicional, unha nova edición do concurso fotográfico “Enfoques do Allo”, un novo ciclo de monografías, a celebración do mercado de San Ramón e o xogo “Scape Room”; un dos máis existosos. 

Con este novo modelo de xestión, posto en marcha no 2017, o monumento  – propiedade da Deputación da Coruña e xestionado polo Concello de Zas – experimentou un notable incremento no número de visitantes. O alcalde de Zas, Manuel Muíño, considera “moi positivo este acordo e co ano tras ano se consiguen mellores resultados en canto ao número de visitantes como ao coñecemento dun dos monumentos de referencia da Costa da Morte”. 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

31 Agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
29 Agosto, 2026
Este domingo, 30 de agosto, celébrase no Campo Municipal de San Andrés a XXXV edición do Trofeo Concello de Zas, unha cita que xa ...
20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 Agosto, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 Agosto, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 Agosto, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.