RAG

A Antoloxía Poética de Enrique Labarta Pose chega á Real Academia Galega e cada membro numerario terá un exemplar do libro

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, mantivo esta mañá un encontro co Presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, para darlle a coñecer as últimas actividades organizadas ao redor do autor

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, mantivo esta mañá un distendido encontro co Presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, co fin de presentarlle a “Antoloxía Poética” de Enrique Labarta Pose, un libro publicado recentemente pola Editorial Galaxia en colaboración co Concello de Zas. Ademais aproveitou a ocasión para facerlle a entrega de varios exemplares para o fondo da RAG e tamén para que se reparta un exemplar para cada un dos membros numerarios. Durante o encontro, o Alcalde de Zas volviu a defender a candidatura de Enrique Labarta Pose para que teña o seu propio Días das Letras Galegas. 

Pola súa banda, Víctor F. Freixanes agradeceu a visita que demostra o respecto do Concello de Zas cara a figura da Real Academia Galega. Esta é a segunda vez que o rexedor mantén un encontro co Presidente da RAG despois de no mes de xullo do ano 2022 lle presentara todas as actividades que se estaban a realizar naquel momento ao redor da figura de Enrique Labarta Pose con quen, segundo Muíño, “hai unha débeda histórica”.

Nos últimos meses o Concello de Zas impulsou diferentes actividades co fin difundir parte do estenso legado de Labarta Pose. Precisamente na xuntanza, á que tamén asistiu Tania Carreira, Técnica de Cultura do Concello de Zas, presentouselle o proxecto literario infantil sobre Labarta Pose que se está a realizar en colaboración con Lela Edicións e que en breve sairá á luz. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 Outubro, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.