Insania_05

A Agrupación Teatral Mariñán abre a IV Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”

Representará mañá a obra de teatro “Insania” ás 21:30 horas no Auditorio de Zas

A Agrupación Teatral Mariñán, de Betanzos, é a encargada de abrir mañá a IV edición da Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” organizada polo Concello de Zas a través da Concellería de Cultura. Farano coa representación da obra de teatro “Insania”; unha comedia “moi seria” de 65 minutos de duración e que está dirixida a maiores de 12 anos.

O Auditorio Municipal de Zas acollerá esta primeira representación que comeza ás 21:30 horas. A entrada, como sempre, é de balde.

Premio do público

Unha das novidades desta cuarta edición da Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” é a cuantía dos premios – que ascende a 3.500 euros – así como o seu reparto no que o público terá un importante papel.  Tras cada representación, os asistentes poderán valorar a obra a través dunhas papeletas. Coa suma de todas as votacións determinarase a mellor obra valorada polo público que recibirá un premio económico de 200 euros xunto cun trofeo e un diploma acreditativos.

Este ano presentáronse un total de 43 obras de teatro das cales o xurado tivo que escoller as cinco finalistas e que se representarán durante os meses de marzo e abril repartidas entre os auditorios de Zas e de Baio. A cifra de obras presentadas ao certame supera con amplitude á das pasadas edicións, un dato que para a Concellería de Cultura de Zas, encabezada por Manuel García Velo, se traduce na consolidación do certame.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

30 Xullo, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
15 Xullo, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.