oima-ponte-brandomil

OÎMA ofrécenos este sábado na Ponte de Brandomil un dos seus últimos concertos

A cita é as 21:30 horas

 

A programación cultural deste verán organizada polo Concello de Zas traénos este sábado unha  actividade para toda a familia e que encherá de música un dos lugares máis emblemáticos do noso municipio.

OÎMA, o grupo musical formado por Antía Ameixeiras, Olalla Liñares e Martiño Senande, ofrécenos este sábado, día 30 de xullo, na Ponte de Brandomil a partir das 21:30 horas un dos seus últimos concertos xa que o trío vén de anunciar nas redes sociais a súa despedida que será no mes de outubro.

Ao concerto deste sábado traerannos a súa música instrumental na que se misturan pezas propias con outras recollidas en Galicia e noutros lugares de todo o mundo. Todas son óptimas para o baile. 

O concerto é de balde. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 Outubro, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.