Manuel Muíño Espasandín, alcalde do concello de Zas; Víctor

O Alcalde de Zas reúnese co Presidente da Real Academia Galega para darlle a coñecer as próximas actividades que se realizarán sobre Enrique Labarta Pose

Onte mantivo un encontro con Víctor F. Freixanes, ao que tamén asistiu a Técnica de Turismo do Concello de Zas, Tania Carreira

 

O próximo outono o Concello de Zas ten previsto realizar novas actividades encamiñadas a seguir divulgando a figura e a obra de Enrique Labarta Pose.

Este foi o motivo polo que o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, acompañado pola Técnica de Turismo do Concello de Zas, Tania Carreira; mantivo onte un encontro co Presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, quen ademais tivo a oportunidade de coñecer de primeira man todas as accións que se realizaron ao longo dos últimos anos, en colaboración coa Comisión Labarta Pose, a través das cales se pretende que Enrique Labarta Pose teña o seu propio Día das Letras Galegas.

O Presidente da RAG recibiu varios exemplares do folleto informativo sobre a vida e obra do escritor baiés e no que inclúe tamén toda a información sobre o Roteiro Literario de Labarta incluído no “Proxecto Roteiros” do Consello da Cultura Galega. Freixanes comprometeuse a repartir os folletos entre os asistentes ao próximo pleno que celebre a institución. Ademais, o Alcalde de Zas entregoulle un exemplar do libro “Zas polo miúdo” e un marcapáxinas de liño.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

2 Maio, 2026
O Concello de Zas acollerá a partir do vindeiro luns, 4 de maio, a exposición ‘Cores da alma’, unha mostra do artista catalán José...
1 Maio, 2026
O Concello de Zas pechou o período de inscricións na IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose cun resultado histórico, rexistr...
22 Abril, 2026
O Concello de Zas organiza este sábado, 25 de abril, a presentación do libro ‘As tolas que non o eran. Mulleres no Manicomio de Co...
15 Abril, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 Abril, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 Abril, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.