obradoiros_semana_santa_2022_Concello_Zas

Volven os obradoiros infantís de Semana Santa

Realizaranse os días 11, 12 e 13 de abril no Centro Sociocultural de Zas e no de Baio

Co fin de contribuír á conciliación laboral e familiar da nosa veciñanza, o Concello de Zas vén de poñer en marcha un novo programa de obradoiros infantís para esta Semana Santa.

Concretamente estes talleres realizaranse os días 11, 12 e 13 de abril en horario de mañá (de 11:00 a 13:00 horas) no Centro Sociocultural de Zas e en horario de tarde (de 16:00 a 18:00 horas) no Centro Sociocultural de Baio. Son gratuítos e están dirixidos a nenas e nenos de 3 a 12 anos. 

Para asistir é necesario anotarse en calquera destes números de teléfono: 981 751 398 ou 981 718 056. O prazo de inscrición retama o próximo venres, 8 de abril. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

22 Abril, 2026
O Concello de Zas organiza este sábado, 25 de abril, a presentación do libro ‘As tolas que non o eran. Mulleres no Manicomio de Co...
15 Abril, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 Abril, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 Abril, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 Abril, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 Abril, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.