FOTO 2 ZAS Avanzan as obras de renovación da praza do Concello de Zas e da súa contorna, cun investimento de máis de 650.000 euros

Avanzan as obras de renovación da praza do Concello de Zas e da súa contorna, cun investimento de máis de 650.000 euros

As obras de renovación integral da praza do Concello de Zas e das rúas da súa contorna avanzan a bo ritmo, cumprindo co obxectivo de modernizar un dos espazos máis céntricos e transitados da localidade. A actuación abrangue a propia praza, unha das rúas laterais e a zona situada fronte ao Centro de Saúde, cun investimento total de 685.223,39 euros.

Trátase dunha intervención necesaria para solucionar os problemas que presentaban as infraestruturas soterradas, tanto da rede de abastecemento de auga como da rede de saneamento de augas residuais. O estado destas instalacións, unido ao deterioro do pavimento, que contaba con máis de 40 anos de antigüidade, facía precisa unha actuación integral que permitise renovar os servizos básicos e evitar que os problemas existentes continuasen condicionando o funcionamento e o mantemento desta zona.

O proxecto aproveita esta intervención para acometer tamén unha remodelación do espazo público, renovando os pavimentos e reorganizando a contorna co propósito de mellorar a accesibilidade, a seguridade viaria e a convivencia entre peóns e vehículos.

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, destaca a importancia desta actuación para o municipio, explicando que “estamos ante unha obra moi necesaria, porque non se trata simplemente de cambiar o pavimento dunha praza e das rúas próximas. Era fundamental actuar sobre as infraestruturas que están soterradas e solucionar os problemas que viñamos arrastrando nas redes de servizos. O pavimento tiña máis de catro décadas e resultaba necesario afrontar unha renovación en profundidade”.

Muíño tamén destaca a importancia da mellora da accesibilidade que contempla o proxecto: “Un dos obxectivos fundamentais desta actuación é eliminar as barreiras arquitectónicas e facilitar os desprazamentos peonís, tanto na propia praza do Campo como nas rúas da súa contorna e, especialmente, no acceso ao Centro de Saúde. Queremos que estes espazos sexan máis cómodos, seguros e accesibles para todas as persoas, con independencia da súa idade ou mobilidade. É importante que unha zona na que se concentran servizos tan utilizados pola veciñanza poida ofrecer unhas condicións adecuadas de acceso e tránsito”.

O proxecto contempla a substitución dos pavimentos existentes, a adaptación das cotas para eliminar desniveis e barreiras arquitectónicas, a delimitación dos espazos peonís e de circulación rodada e a incorporación de elementos de mobiliario urbano. Tamén se prevén actuacións de mellora da sinalización e medidas para favorecer a moderación da velocidade dos vehículos.

O alcalde subliña, ademais, que “os traballos están avanzando a bo ritmo e, unha vez rematados, permitirán contar cunha praza e unhas rúas completamente renovadas, con infraestruturas actualizadas e un espazo público máis cómodo e accesible para toda a veciñanza”.

O investimento ascende a 685.223,39 euros, IVE incluido, financiados polo Concello en colaboración coa Xunta de Galicia, cunha participación do 50 % cada administración.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

6 Novembro, 2026
O histórico Pazo das Torres do Allo volverá ser este outono o epicentro da festa e da tradición na Costa da Morte. O Concello de Z...
5 Novembro, 2026
O Goberno municipal de Zas anuncia a convocatoria de 180 bolsas de axuda ao estudo para o curso 2026/2027. Estas subvencións están...
3 Novembro, 2026
O Concello de Zas resultou beneficiario dunha subvención ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2026 para a contratación dunha persoa ...
31 Outubro, 2026
O Concello de Zas contará durante o curso 2026-2027 cunha nova edición do programa ‘Os Ratos de Lonxedetodo’, desenvolvido por Tri...
24 Outubro, 2026
Baio acolle desde onte, xoves 22 de outubro, a sexta edición dos Premios Fouciño, un festival dedicado ao audiovisual galego que e...
18 Outubro, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.