NP ZAS O Concello de Zas pecha o ciclo ‘Afiando Fouciños’ coa proxección de ‘Deuses de Pedra’ e a inauguración do Local Fouciño

O Concello de Zas pecha o ciclo ‘Afiando Fouciños’ coa proxección de ‘Deuses de Pedra’ e a inauguración do Local Fouciño

O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección do documental ‘Deuses de Pedra’, dirixido por Iván Castiñeiras. A sesión celebrarase ás 17:00 horas no Local Fouciño de Baio e coincidirá coa inauguración deste novo espazo, nunha xornada que servirá tamén de antesala á celebración dos Premios Fouciño, que terán lugar os días 22, 23 e 24 de outubro.

Con esta proposta, o ciclo ‘Afiando Fouciños’ culmina a súa programación cunha obra que afonda na relación entre a infancia, a memoria, a tradición oral e o mundo rural, cuestións especialmente ligadas á identidade e á realidade dos territorios rurais galegos.

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, destaca a importancia desta xornada para o municipio: “Con esta proxección pechamos a programación de ‘Afiando Fouciños’ cunha proposta cinematográfica que nos invita a reflexionar sobre as nosas raíces, a memoria e o futuro do rural”.

Muíño subliña tamén a relevancia da apertura do novo espazo, afirmando que “un ano mais os premios Fouciño supoñen un paso importante para seguir achegando a cultura á veciñanza e para contar cun lugar de encontro arredor do cinema e da creación audiovisual único na Costa da Morte.”.

Esta xornada será tamén a antesala dos Premios Fouciño, que se desenvolverán os días 22, 23 e 24 de outubro.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 Setembro, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.