Xornada canina Zas

O Concello de Zas acolle o 24 de maio a terceira edición da súa Xornada Canina

O Concello de Zas celebrará o vindeiro domingo, 24 de maio, a terceira edición da súa Xornada Canina, unha iniciativa pioneira e única na Costa da Morte que converterá a Praza Jorge Mira Pérez nun punto de encontro para amantes dos cans e dos animais de compañía.

A programación comezará ás 11.30 horas cunha completa proposta de actividades que combinará competición, exhibición e participación popular. A xornada incluirá a III Exposición Canina para o Campionato Galego ALCELCRE e o III Concurso Local Costa da Morte.

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, destacou que “queremos que sexa unha xornada para compartir, convivir e desfrutar da compañía dos nosos mellores amigos de catro patas, cun programa pensado tanto para profesionais como para familias e afeccionados”.

A III Exposición Canina, dirixida a criadores profesionais, será unha das actividades centrais da xornada e terá carácter oficial ao ser puntuable para o Campionato Galego ALCELCRE. Os exemplares participantes deberán contar con chip identificativo e ter a vacinación ao día.

Pola súa parte, o III Concurso Local Costa da Morte estará aberto á participación de calquera persoa que desexe acudir co seu can. Os animais inscritos deberán igualmente dispor de chip e cartilla veterinaria en regra. O certame popular contará con diferentes recoñecementos, entre eles os premios ao Can máis guapo e ao Can máis simpático.

A xornada completarase cunha exhibición canina protagonizada por criadores profesionais e destacados exemplares participantes, ademais dun sorteo de agasallos entre todas as persoas inscritas.

As inscricións permanecerán abertas ata o propio día do evento e poderán formalizarse a través do formulario web habilitado polo Concello de Zas (https://forms.gle/jAAMdsiccFPqRvYdA), no teléfono 981 70 83 03 ou no correo culturazas@gmail.com.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

7 Xuño, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 Xuño, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 Xuño, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...
4 Xuño, 2026
O Concello de Zas reafirma un ano máis o seu compromiso co benestar das familias e coa promoción de alternativas de ocio educativo...
3 Xuño, 2026
Ante as informacións aparecidas nos últimos días e a nota difundida polo PSdeG-PSOE de Zas respecto ao permiso de investigación mi...
23 Maio, 2026
O Concello de Zas quere poñer en valor o traballo que se desenvolve diariamente na Galiña Azul. Desde o Concello quere trasladarse...