FOTO ZAS Zas clausura os campamentos de Semana Santa nos que participaron máis de 60 nenos e nenas

Zas clausura os campamentos de Semana Santa nos que participaron máis de 60 nenos e nenas

O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa posta en marcha polo goberno municipal co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante o período vacacional.

Nesta edición participaron un total de 61 nenos e nenas de entre 3 e 10 anos, repartidos entre as dúas sedes habilitadas. En concreto, 32 cativos e cativas asistiron ás actividades organizadas en Zas, mentres que outros 29 fixérono en Baio. Os campamentos desenvolvéronse nos Centros Sociais de ambas localidades, onde os máis pequenos puideron desfrutar dunha ampla programación de actividades educativas e de lecer.

O Concello de Zas apostou unha vez máis por ofrecer ás familias unha alternativa de ocio educativo de calidade, favorecendo ao mesmo tempo a conciliación familiar. Como en edicións anteriores, unha das máximas do programa foi garantir o acceso universal, permitindo a participación de todas as familias do municipio sen que a súa situación económica supoña unha limitación.

O alcalde de Zas, Manuel Muiño, destacou a boa acollida da iniciativa e a importancia deste tipo de programas: “Desde o Concello seguimos traballando para apoiar ás familias, especialmente en períodos non lectivos, ofrecendo recursos que lles permitan conciliar con garantías. Estes campamentos non só facilitan a organización familiar, senón que tamén ofrecen aos nenos e nenas un espazo seguro onde aprender e divertirse”.

Muiño tamén puxo en valor o carácter inclusivo da proposta: “Para nós é fundamental que todos os nenos e nenas teñan as mesmas oportunidades de participar, independentemente da situación económica das súas familias. Por iso, seguimos apostando por programas accesibles e pensados para toda a veciñanza”.

FOTO BAIO Zas clausura os campamentos de Semana Santa nos que participaron máis de 60 nenos e nenas
FOTO BAIO Zas clausura os campamentos de Semana Santa nos que participaron máis de 60 nenos e nenas
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

1 Abril, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
28 Marzo, 2026
O Concello de Zas continúa a consolidar a súa programación cultural coa inauguración da exposición ‘Aires da Terra’, da artista Is...
25 Marzo, 2026
O Concello de Zas será escenario este venres, 27 de marzo, da proxección do documental ‘A Costa e os castelos’, unha peza audiovis...
24 Marzo, 2026
O Concello de Zas acollerá este martes, 24 de marzo, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural de Baio, o acto de clausura e entrega...
20 Marzo, 2026
O Concello de Zas pon en marcha unha nova edición dos seus campamentos de Semana Santa, unha iniciativa pensada para facilitar a c...
19 Marzo, 2026
O Concello de Zas presenta a programación do ciclo cultural ‘Mulleres e Territorio’, reafirmando o seu papel como referente cultur...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.