FOTO-3-ZAS-Zas-avanza-no-se-u-Parque-Cientifico-e-Tecnoloxico-o-primeiro-impulsado-integramente-por-un-concello

Zas avanza no seu Parque Científico e Tecnolóxico, o primeiro impulsado integramente por un concello

Esta mañá o alcalde, Manuel Muíño, recibiu na Casa do Concello ao director de I+D+i de Emalcsa, Ricardo Vázquez, e a representantes da UDC.

 O Concello de Zas deu hoxe un novo paso decisivo cara á creación do seu Parque Científico e Tecnolóxico, o primeiro impulsado integramente por un concello na provincia da Coruña e o primeiro de carácter municipal en toda Galicia. A iniciativa situará ao municipio como referente de innovación no norte da comunidade, ao non existir unha infraestrutura similar en toda a provincia. 

Con motivo deste proxecto, no que colabora a Universidade da Coruña, esta mañá celebrouse unha rolda de prensa na Casa do Concello coa presenza do alcalde, Manuel Muíño, para recibir ao director de I+D+i de Emalcsa, Ricardo Vázquez; ao director xerente da Fundación Universidade da Coruña, Juan José Gómez; e ao director adxunto da mesma entidade, Braulio Pérez. Previamente, o representante de Emalcsa asinou no Libro de Honra do Concello como fixeron no seu día o resto das autoridades participantes. 

Na rolda de prensa, Muíño explicou que xa existen contactos con empresas interesadas en instalarse no novo parque, procedentes dos sectores eólico, agrogandeiro ou tecnolóxico: “Estes primeiros pasos son fundamentais para definir un parque útil, adaptado ás necesidades reais do tecido produtivo”, afirmou. 

Pola súa banda, Ricardo Vázquez (Emalcsa), explicou que esta é unha primeira toma de contacto para colaborar, destacando que “o proxecto de Zas ofrece un contorno moi interesante para desenvolver novas liñas de I+D en sistemas de abastecemento e tecnoloxías transversais”. 

Desde a UDC, Juan José Gómez subliñou que se trata dunha “iniciativa pioneira, con pasos firmes e un avance notable que pronto dará resultados visibles”, mentres que Braulio Pérez anunciou que se impulsarán “accións no territorio que faciliten sinerxias co tecido local”. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

1 Maio, 2026
O Concello de Zas pechou o período de inscricións na IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose cun resultado histórico, rexistr...
22 Abril, 2026
O Concello de Zas organiza este sábado, 25 de abril, a presentación do libro ‘As tolas que non o eran. Mulleres no Manicomio de Co...
15 Abril, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 Abril, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 Abril, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 Abril, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.