Campamento samaín 2025 en zas

Máis 50 nenos e nenas de 3 a 12 anos participaron no campamento de Samaín

Máis 50 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos matriculados nos centros de ensino de educación infantil e primaria do noso municipio participaron no campamento de Samaín organizado polo Concello de Zas que se celebrou o venres (31 de outubro) e hoxe (3 de novembro).

Dende o equipo de goberno, ofreciuse así unha alternativa gratuíta para todas as familias co fin de que puidesen conciliar a súa vida laboral e familiar durante estes dous días non lectivos (31 de outubro e 3 de novembro). 

A rapazada realizou diferentes actividades adaptadas ás súas idades e guiadas por un equipo de monitores e monitoras. O Alcalde, Manuel Muíño, aproveitou para visitar á rapazada e recordou que o “Concello de Zas foi un dos poucos da zona que ofreceu unha alternativa  para as familias durante estes días non lectivos”.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 Outubro, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.