campo-municipal-platas-reinoso-baio

A vindeira semana comezan os traballos de mellora no campo municipal Platas Reinoso de Baio nos que o Concello de Zas inviste máis de 260.000 euros

As obras céntranse principalmente na substitución do céspede artificial así como dos equipamentos deportivos

A próxima semana comezan as obras de substitución do céspede e do equipamento deportivo no campo municipal Platas Reinoso de Baio financiados polo Concello de Zas e nos que se investirán un total de 264.905,89€.

Os traballos céntranse na substitución do céspede de herba artificial actual instalado no ano 2007 e que presenta un evidente desgaste creando un terreo de xogo excesivamente “duro” que propicia a mala xogabilidade. Este céspede substituirase por outro de última xeración que reúne todos os requisitos das normas UNE EN15330-1:2014 e cunha base elástica que permita unha mellor amortiguación. 

Dentro das melloras que acometerá o Concello de Zas no campo municipal Platas Reinoso tamén se inclúe a renovación dos equipos deportivos tales como as porterías de fútbol 11 e fútbol 7, así como os bandeiríns. Ademáis instalaranse novos asientos no gradería existente a un marcador electrónico. Mondo Ibérica, S.A.U. será a empresa encargada de realizar os traballos que teñen un prazo de execución de dous meses. 

Traslado ao campo municipal San Andrés

Ante o inminente inicio das obras, esta será a última fin de semana que o CD Baio e o CD Concello de Zas disputen no Platas Reinoso os seus correspondentes partidos de liga. Durante o tempo de execución dos traballos, os dous equipos trasladarán os seus adestramentos e encontros ao campo municipal San Andrés de Zas. 

O Platas Reinoso é o campo habitual que usa o Club Deportivo Baio así como as diferentes categorías base do CD Concello de Zas. Debido á súa situación xeográfica,tamén é o lugar elixido para desenvolver as Escolas Deportivas do RC Deportivo da Coruña, as escolas de porteiros e de árbitros, o adestramento das seleccións da Costa, e outros encontros deportivos.

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, sinala que con esta actuación é de gran importancia para o municipio e con ela dáselle resposta a unha demanda dos usuarios/as para crear un novo terreo de xogo de última xeración que facilita a xogabilidade. 

Últimas novas publicadas

19 Xuño, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 Xuño, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 Xuño, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 Xuño, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 Xuño, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 Xuño, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...