cabalgata_reis_magos_zas_2022

Zas prepárase para a chegada dos Reis Magos que percorrerán o noso municipio os días 4 e 5 de xaneiro

Visitarán os 98 núcleos de poboación do noso Concello e recordamos que as persoas que se acheguen a velos deberán usar máscara e manter as distancias

 

No Concello de Zas xa temos todo preparado para a visita dos Reis Magos que, un ano máis, está afectada polas medidas de prevención da COVID19. Aínda así – e sempre que a climatoloxía o permita – Melchor, Gaspar e Baltasar repartirán maxia e ilusión e para iso decidiron percorrer o noso concello en dous días, mañá e o mércores. Desta forma terán tempo para visitar todos os núcleos de poboación e ver así o maior número posible de nenos e nenas para entregarlles un pequeno detalliño. 

Farán o percorrido nuns trens cheos de luces e música e estarán acompañados dun reducido número de paxes. Tomade nota do itinerario e dos horarios:

Martes, 4 de xaneiro

A comitiva comezará a súa viaxe polo noso concello ás 10:00 horas e ao longo da mañá visitarán San Adrián, A Devesa, Rial de Abaixo, Caberte, Maxín, A Atalaia, Rial de Arriba, Froxán, San Martiño, Vila, Langueirón, A Santa, Fontespiño, Pedra Padreiro, Marán, Campos, A Lagoa, Pudenza, Brandomil, A Calabanda, Padreiro, Quintáns, Limideiro, Curráis, A Gris, Borreiros, A Xestosa, Os Pedrouzos, As Abellas, O Couto, A Toxa, O Vilar, A Churía e Meanos (campo da Fonte).

Tras un breve descanso ás 15:00 horas continuarán o seu percorrido por Roma, Rus, Meanos, Vilar de Lamas, As Edreiras, Berbia, Romelle, Arcar, Loroño, Baizana, Artón, Sandrexo, Vilar, Saconde, Pazos e Quintáns. 

Mércores, 5 de xaneiro

O mércores, día 5 de xaneiros, os Reis Magos e os seus paxes sairán ás 10:00 horas de Vilar do Mato para dende alí dirixirse a A Costa, Follente, Rosende, Mira, Ventoselo, Gontalde, Teixidón, Pedramaior, Carreira, Vilaestévez, Gándara, Quintáns, Vilar Ramiro, Parga, Budián, O Sisto, Sobreira, O Vilar, San Cremenzo, Castro, As Pereiras, Bermello, Cotón do Muíño, Xerne, A Cebola, Muriño, Regalados e O Pombal.

E pola tarde visitarán os lugares de A Cacharoza, Baio Pequeno, Agreanas, Fornelos, Baio, Lamas, Gomarís, Vilachán, Penedo, Andregalla e Zas.

 

Extremar as precaucións

Co fin de garantir a seguridade, as carrozas irán acompañadas durante o seu percorrido de membros de Protección Civil e da Policía Local polo que, dende o Concello de Zas, rogamos atender ás súas recomendacións así como vixiar en todo o momento aos máis pequenos gardando as debidas distancias de seguridade.

Ademáis, dende o Concello de Zas recordámoslle a todas as persoas que se acheguen a ver os Reis Magos que respecten as medidas sanitarias, tales coma o uso de máscara e manter as distancias de seguridade.

Esta é unha actividade organizada polo Concello de Zas e que se inclúe dentro da programación de Nadal e que conta coa colaboración do Bazar Baio. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Abril, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 Abril, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 Abril, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 Abril, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 Abril, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
28 Marzo, 2026
O Concello de Zas continúa a consolidar a súa programación cultural coa inauguración da exposición ‘Aires da Terra’, da artista Is...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.