contra_as_violencias_educacion_concello_zas

Este sábado arranca unha nova edición do programa “Contra as Violencias, Educación”

Paula Carballeira representa “Mulleres que viven soas” este sábado ás 20:00 horas no Auditorio do Concello
 

 

Baixo o lema “Contra as violencias machistas, educación” o Concello de Zas vén de poñer en marcha un novo programa de actividades para todos os públicos no que o teatro será un dos fíos condutores.

Con esta programación, o Concello de Zas – a través da Concellería de Igualdade – pretende fomentar a sensibilización contra as violencias machistas entre os diferentes grupos de idade. Para iso programáronse unha serie de obras de teatro tanto infantís como para adultos e que detallamos a continuación:

  • “Mulleres que viven soas”, con Paula Carballeira. Sábado 13 de novembro, ás 20:00 horas, no Auditorio do Concello
  • “Bravas”, de Isabel Risco. Sábado 20 de novembro, ás 20:00 horas, no Auditorio de Baio
  • “Rosa caramelo”, de Talía Teatro. Dobre función de contactos infantil que será o 23 de novembro ás 12:00 horas no CPI de Zas e o 24 de novembro ás 12:30 horas no CEIP Labarta Pose
  • “Soñando inventei”, con María Faltri & Jorge Juncal. Este é un musical infantil que se representarás o 26 de novembro ás 10:00 horas no Auditorio de Zas para a comunidade do CPI da vila e ás 12:30 horas no Auditorio de Baio para o alumnado do CEIP Labarta Pose
  • “A compañeira de piso”, de Contraproducións. Venres 26 de novembro ás 20:00 horas no Auditorio de Baio

Todas as funcións son de balde e, excepto nas funcións escolares, para asistir é necesario reservar praza no Centro Sociocultural de Zas (981 751 398) ou no Centro Sociocultural de Baio (981 718 056). 

 

Os próximos días, o Concello de Zas repartirá nos centros educativos do municipio e nas bibliotecas municipiais o xogo educativo dos Bolechas “Zas en Igualdade”. Consiste nun taboleiro no que, a modo de Trivial, as persoas participantes poñeranse a proba sobre a igualdade de xénero e sobre o Concello de Zas.

A maior parte das preguntas, que son de cor lila, están relacionadas coa igualdade (mulleres destacadas, feminismo, acoso, datas conmemorativas,…) e o resto das cores son temas relacionados co Concello de Zas (historia, patrimonio, natureza,…). Hai varios graos de dificultade.

Esta é unha actividade organizada polo Centro de Información á Muller – CIM – do Concello de Zas e que forma parte do Programa de Sensibilización, Información e Difusión sobre Igualdade e Prevención da Violencia contra as Mulleres impulsado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Para a súa elaboración tamén contamos coa colaboración do Pacto do Estado Contra a Violencia de Xénero.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

10 Marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
18 Febreiro, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
17 Febreiro, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.