oficina_abanca_zas_setembro_2021

O Concello de Zas leva ao Congreso dos Deputados o peche das sucursais bancarias no rural

O Alcalde, Manuel Muíño; e o Deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego; presentan mañá unha proposición non de lei na que se insta ao Goberno Central a regular o sector bancario

 

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín; e o Deputado do BNG – Bloque Nacionalista Galego -, Nestor Rego; presentan mañá ás 12:00 horas no Congreso dos Deputados unha proposición non de lei na que se insta ao Goberno Central a regular o sector bancario e evitar así o peche de máis oficinas, como o que realizou recentemente Abanca nos Concellos de Zas, Vimianzo e A Baña afectando de forma directa a unhas 10.000 persoas.

Dende o BNG consideran que o peche das oficinas bancarias é un grave problema que está a sufrir todo o país e que se acentúa especialmente no rural. O pasado 8 de setembro, Abanca pechou varias sucursais na nosa comunidade e entre elas as de Zas, Baíñas e A Baña. No momento en que coñeceron a decisión, os rexedores destes tres municipios trazaron unha serie de accións conxuntas para evitar estes peches entre as que están a solicitude dunha reunión co presidente da Xunta de Galicia, unha xuntanza co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias – FEGAMP -, unha
concentración diante destas oficinas bancarias e unha manifestación na Coruña á que asistiron máis de 500 persoas.

“Seguimos na idea de que imos esgotar todas as posibilidades para lograr que a entidade reconsidere esta decisión polo que as accións non remataron o día 8 co peche das sucursais”, sinala o alcalde de Zas.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 Setembro, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
17 Setembro, 2026
A Deputación da Coruña achegará máis de 700.000€ ao desenvolvemento doutros proxectos no Concello, non incluídos no Plan Complemen...
14 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de anunciar que As Torres do Allo manterán as súas portas abertas durante os meses de outono e inverno, unha...
12 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de realizar as denuncias e reclamacións pertinentes ante as administracións competentes para reclamar unha s...
11 Setembro, 2026
O histórico conxunto das Torres do Allo, considerado o pazo máis antigo de Galicia, pecha a súa campaña de verán de 2026 cun balan...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.