cartaz_marcos_marino_cuadrado

Marcos Mariño dálle vida ao guerreiro Brandomil nunha exhibición de talla de madeira con motoserra

Farao do 25 ao 29 de agosto na área recreativa de Brandomil en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

 

O guerreiro Brandomil, do que fala Eduardo Pondal na súa obra Queixumes dos Pinos, será o protagonista da exhibición que nos fará o recoñecido escultor da madeira Marcos Mariño a vindeira semana na área recreativa de Brandomil.

Durante estes días, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, poderemos admirar en vivo e en directo a destreza de Marcos Mariño coa súa motoserra e que dará como resultudo unha escultura en madeira de grandes dimensións do guerreiro Brandomil. 

Marcos Mariño é un referente na talla de madeira con motoserra. Participou en varios certames internacionais e é embaixador da marca Husqvarna. Esta non será a primeira vez que o escultor visita o noso municipio xa que nos fixo máis exhibicións en pasadas edicións da Festa da Carballeira de Zas.

Con esta actividade, o Concello de Zas pretende dar a coñecer a súa historia a través de actividades tan singulares coma esta e á que poden asistir todos os públicos. 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 Setembro, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
17 Setembro, 2026
A Deputación da Coruña achegará máis de 700.000€ ao desenvolvemento doutros proxectos no Concello, non incluídos no Plan Complemen...
14 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de anunciar que As Torres do Allo manterán as súas portas abertas durante os meses de outono e inverno, unha...
12 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de realizar as denuncias e reclamacións pertinentes ante as administracións competentes para reclamar unha s...
11 Setembro, 2026
O histórico conxunto das Torres do Allo, considerado o pazo máis antigo de Galicia, pecha a súa campaña de verán de 2026 cun balan...
31 Agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.