1132034990_10158973280375081_9106769961500735175_n

Cancelada a 38 edición da Carballeira de Zas

A situación sanitaria actual sigue sen permitirnos garantir a seguridade a todas as persoas participante no festival

 

A Asociación Castro Meda de Zas, entidade organizadora da Festa da Carballeira xunto coa colaboración do Concello de Zas, publica o seguinte comunicado:

Dende a organización da Festa da Carballeira de Zas sentimos comunicar, por segundo ano consecutivo, a CANCELACIÓN da 38 edición do festival. A situación sanitaria actual sigue sen permitirnos garantir a seguridade de todas as persoas participantes no festival (voluntarios, artistas, técnicos, provedores e público) e por tanto tomamos a decisión de non celebrar a festa tampouco este ano.

Novamente, tomamos esta decisión dende a responsabilidade, con todos os participantes, maiores e mozos, que queremos que poidan desfrutar de esta festa coas máximas garantías e sen preocupacións.

 

Un ano máis, queremos expresar o noso agradecemento a patrocinadores e provedores que estiveron dándonos o seu apoio nos últimos 38 anos, desde o comezo da festa hasta estes dous últimos atípicos anos. Sen vos, a Carballeira non sería posible.

Agardamos que no ano 2022 poidamos voltar para celebrar a 39 edición coma nunca! cargados de enerxía e moitas ganas de festa!

Moitas gracias a todos e agardámosvos o próximo ano, en Zas! Esperamos e estamos convencidos de que o 2022 será o ano da volta a normalidade.

Vémonos os próximos 5 e 6 de agosto, NA CARBALLEIRA DE ZAS.

 

Imaxe: Festa da Carballeira

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

26 Xuño, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 Xuño, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
19 Xuño, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 Xuño, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 Xuño, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 Xuño, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...