bolsas_estudo_2020_2021

O Concello de Zas reparte 29.000 euros en bolsas de estudos para o alumnado empadroado no municipio

O Alcalde de Zas – Manuel Muíño – destaca que con estas axudas, que oscilan entre os 120 e os 360 euros, preténdese contribuír á integración socio-laboral das familias

 

O Concello de Zas iniciou o procedemento para o abono das Bolsas de Estudo para o curso 2020-2021. En total concedéronse 147 axudas que se repartirán entre o alumnado empadroado no noso municipio e que actualmente estean matriculados nalgunhas das seguintes ensinanzas: primaria, ESO, Bacharelato, Ciclo Fomativo, Grao Medio e Grao Superior.

O Concello de Zas destina uns 29.000 euros correspondentes ao Orzamento de Gastos para o ano 2020. O importe das bolsas oscila entre os 120€ e os 360€ en función dos estudos que se realicen e para adxudicarse as axudas tivéronse en conta unha serie baremos, tales como a situación económica-familiar, o número de membros que integran a unidade familiar e os méritos académicos do alumno/a. O reparto fíxose da seguinte maneira:

• 32 bolsas para estudantes de grao medio ou superior, cun importe de 360 euros cada unha

• 40 bolsas para estudantes de bacharelato ou ciclos superiores, cun importe de 180€ cada unha

• 42 bolsas para estudantes da ESO ou ciclo medio, cun importe de 150€ cada unha

• 33 bolsas para esutantes de Primaria, cun importe de 120€ cada unha

Hai máis de dez anos que o grupo de goberno municipal puxo en marcha esta iniciativa coa que segundo destaca o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, se pretende contribuír á integración socio-laboral das familias con menores recursos do noso municipio.

Na seguinte ligazón podes consultar a listaxe definitiva de alumnos/as admitidos e excluídos da presente convocatoria.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 Marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 Marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.