Reforma_pavillon_municipal_baio

O Concello de Zas inviste 141.000 euros na reforma do pavillón municipal de Baio para optimizar o seu uso e a súa accesibilidade

As obras,  que rematarán nos vindeiros días, afectan á zona dos vestiarios, aseos e zonas comúns

 

Nos próximos días rematarán os traballos de mellora que se están a realizar no pavillón municipal de Baio acometidos polo Concello de Zas e que teñen como finalidade optimizar o seu uso así como mellorar a accesibilidade e a salubridade das instalacións. As tarefas céntranse na renovación e na reordenación da zona de vestiarios, aseos e zonas comúns que afecta a un total de 320 metros cadrados. A empresa Heranosca S.L. é a encargada de executar os traballos que ascenden a 141.379,38€. 

As obras consisten principalmente na mellora da distribución actual co fin de darlle resposta ás novas esixencias das instalacións e ofrecer así o máximo aproveitamento posible. Esta reforma permitirá tamén mellorar a estética destas intalacións e a súa salubridade xa que os novos acabados facilitan a limpeza e o mantemento. Para iso, realizouse a demolición dos tabiques existentes para substituílos por outros novos atendendo á nova distribución, renováronse os acabados e as carpinterías interiores e exteriores, instalouse falso teito e renovouse as instalacións eléctricas, de fontanería e de saneamento. Por outra banda, con esta reforma tamén se mellora a accesibilidade ás intalacións cumprindo así a normativa vixente. 

Estes días tamén remataron as obras de seguridade e accesibilidade que se levaron a cabo na piscina municipal de Zas. Estas melloras, xunto con outras actividades que se organizan, reafirman a aposta do goberno local pola promoción do deporte e da actividade física. “Son dúas reformas moi necesarias nas nosas instalacións deportivas e coas que os usuarios e usuarias lle poderán sacar o máximo partido”; sinala Manuel Muíño, Alcalde de Zas. 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

23 Maio, 2026
O Concello de Zas quere poñer en valor o traballo que se desenvolve diariamente na Galiña Azul. Desde o Concello quere trasladarse...
22 Maio, 2026
O Concello de Zas deu a coñecer o importe da Beca da Filloa 2026, unha axuda de estudos destinada a apoiar a un ou unha estudante ...
19 Maio, 2026
O Concello de Zas quenta motores para celebrar a IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Tanto é así, que o Concello acaba d...
17 Maio, 2026
O Concello de Zas celebrará o vindeiro domingo, 24 de maio, a terceira edición da súa Xornada Canina, unha iniciativa pioneira e ú...
15 Maio, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 Maio, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...