obras_piscina_municipal_zas

As obras que se están a realizar na piscina municipal de Zas permitirán mellorar a seguridade e a acesibilidade ás instalacións

Os traballos, que ascenden a 54.693,06€, rematarán nos vindeiros días

 

Avanzan a bo ritmo os traballos de mellora que se están a levar a cabo na piscina municipal de Zas e nas instalacións anexas coa finalidade de mellorar a accesibilidade e a seguridade deste espazo que conta cun bo número de usarios e usarias durante a tempada de verán. O proxecto, executado pola empresa Gallaecia Works S.L., ten un investimento de 54.693,06€ e prevese que esté rematado nos vindeiros días. 

As obras consisten na renovación das baldosas que bordean o vaso, na instalación dunha rede de saneamento que facilite o vaciado da piscina, o acondicionamento da zona para tomar o sol coa instalación de duchas, a mellora das carpinterías existentes ademais doutros traballos que axudarán a mellorar notablemente a seguridade e salubridade das instalacións así como a mellorar a accesibilidade tanto na entrada do recinto como nos vestiarios.

Manuel Muíño, Alcalde de Zas, achegouse estes días ata o lugar onde puido comprobar que os traballos avanzaban a bo ritmo.  

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 Setembro, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
17 Setembro, 2026
A Deputación da Coruña achegará máis de 700.000€ ao desenvolvemento doutros proxectos no Concello, non incluídos no Plan Complemen...
14 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de anunciar que As Torres do Allo manterán as súas portas abertas durante os meses de outono e inverno, unha...
12 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de realizar as denuncias e reclamacións pertinentes ante as administracións competentes para reclamar unha s...
11 Setembro, 2026
O histórico conxunto das Torres do Allo, considerado o pazo máis antigo de Galicia, pecha a súa campaña de verán de 2026 cun balan...
31 Agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.