Punto_violeta_Concello_Zas1

A feira de Baio e o mercadillo de Zas contarán cun “Punto Violeta”

O Concello de Zas instalará este punto de información co fin de sensibilizar á veciñanza e previr a violencia de xénero e as agresións sexuais

 

Continuando coas actividades de información e sensibilización contra a violencia de xénero, o Concello de Zas instalará na feira de Baio e no mercadillo mensual de Zas un “Punto Violeta” co obxectivo de informar e sensibilizar á veciñanza contra a violencia de xénero e previr calquera tipo de agresión sexual.

Para iso, dúas profesionais do ámbito socioeducativo con formación e experiencia de traballo en igualdade e prevención da violencia de xénero atenderán estes stands que se instalarán durante os meses de verán e de outono nas feiras que se celebren en Baio e no mercadillo mensual de Zas. As profesionais resolverán calquera tipo de dúbida sobre e o tema e informarán á veciñanza sobre os protocolos de actuación e os servizos a disposición das vítimas. Ademais, repartirán diverso material divulgativo co lema “Zas libre de violencia de xénero”. 

Esta actividade, promovida polo Concello de Zas a través da Concellería de Muller, Xuventude e Igualdade – encabezada por Patricia Fariña – forma parte do programa de “Sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres” financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia polo Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero. 

“Con esta acción pretendemo sensibilizar á veciñanza contra as violencias machistas ademais de darlle resposta da mellor forma posible a situacións nas que puideran darse agresións machistas”; sinala Patricia Fariña, Concelleira de Muller, Xuventude e Igualdade do Concello de Zas. 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 Marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 Marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.