Veran_Cultural_2020_Concello_de_Zas

O Concello de Zas enche de ocio as noites de agosto co programa “Verán Cultural”

As Torres do Allo, a Praza do Concello, a Ponte de Brandomil e a Carballeira de Baio acollen os distintos espectáculos que terán lugar ao longo de todo o mes

 

O Concello de Zas vén de dar a coñecer a programación que leva por título “Verán cultural” e que ten como obxectivo encher de ocio as noites do mes de agosto. Todos os espectáculos son de balde e están dirixidos a todos os públicos.

O programa arranca o día 1 de agosto cun concerto na praza do Concello de Zas que ofrecerán a partir das 20:30 horas o grupo Arredores. Icía Varela, de Cerqueda; e Andrés Rodríguez, de Guísamo; forman este grupo que naceu durante unha viaxe ao festival de Lorient.

O seguinte espectáculo trasladarase ás Torres do Allo e será o día 7 de agosto, ás 21:30 horas. Alí proxectarase a curtametraxe “As tres caídas de María Santiso” na que os temas principais son a familia, o rural, o fogar e o papel da muller. Está dirixida a todos os públicos e convidáranos a reflexionar sobre o pasado, o presente e o futuro da sociedade rural galega. 

Xa na seguinte fin de semana a cita será dobre. O día 15 de agosto o grupo Caamaño – Ameixeiras ofreceranos un concerto na Ponte de Brandomil a partir das 20:30 horas e ao día seguinte, 16 de agosto, as Torres do Allo serán o escenario ao que Avelino González nos traia os seus “Contos de contrabando”, tamén ás 20:30 horas.

Quico Cadaval, Celso Fernández e Guti farannos pasar un anaco divertido o 22 de agosto co seu espectáculo “Tres vellas (polo menos)” que terá lugar ás 20:30 horas na praza do Concello.

A programación “Verán Cultural” rematará o 29 de agosto cun concerto da man de Antía Muíño na Carballeira de Baio ás 20:30 horas. 

Entradas

En todos os espectáculos é obrigatorio o uso de máscara e as entradas son de balde con reserva ata completar aforo. As reservas pódense facer de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas a través dos números de teléfono 981 751 398 / 981 718 056. Todas as actividades están organizadas polo Concello de Zas en colaboración coa Deputación da Coruña. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Xullo, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 Xuño, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 Xuño, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.