feira_baio

A feira de Baio retoma a súa actividade tras a declaración do estado de alarma

  • Nesta 1ª fase da desescalada permítese a celebración de feiras unicamente para a venda de produtos agrícolas e de alimentación 
  • Aplicaranse as medidas de seguridade e hixiene adaptadas á crise sanitaria actual provocada polo Coronavirus Covid-19

 

 

O próximo domingo, terceiro de mes, Baio acollerá de novo a súa tradicional feira,  a primeira dende a entrada en vigor do actual estado de alarma. Dacordo coa normativa, na feira haberá só produtos agrícolas e de alimentación. 

A feira do próximo domingo, 17 de maio, celebrarase con novas normas de seguridade e hixiene adaptadas á crise sanitaria actual. Deste xeito, o Concello de Zas marcará os postos ao longo da avenida Vidal Ríos mantendo as distancias de seguridade establecidas. Para evitar que a celebración da feira supoña un risco de contaxio, é necesario extremar as precaucións tanto por parte dos compradores como dos vendedores. No caso dos compradores, deberán manter a distancia de seguridade interpersoal (de 1,5 a 2 metros), non tocar os produtos expostos e usar mascarilla. Por parte dos vendedores, as medidas pasan por manter a distancia mínima entre postos, levar mascarilla, facer uso do xel hidroalcohólico e desinfectar o posto varias veces. Membros de Protección Civil de Zas serán os encargados de controlar o aforo e de facilitarlle unha mascarilla a todas aquelas persoas que visiten a feira e acudan sen ela. 

Por outra parte, tras a entrada en vigor da Fase 1 da desescalada, retomarase a actividade do feirón de Baio, que se celebra o 1º martes de cada mes, así como o mercado mensual de Zas (1º luns de mes). En ambos casos haberá unicamente produtos agrícolas e de alimentación.

Produtores locais e hostalería

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, asegura que co fin de promover o consumo de proximidade dende o Concello están a falar con diferentes produtores locais e da zona para animalos a que traian os seus produtos de tempada á feira. “Animamos aos produtores a que aproveiten esta oportunidade para tratar de superar as perdas ocasionadas polo coronavirus e dar saída aos produtos que teñen en stock contactando directamente co consumidor final”, sinala Muíño.

Así mesmo, o Concello anima aos comercios locais a recuperar o pulso comercial e hostaleira tras o parón provocado polo Covid-19. Así, nesta primeira fase, ademais de permitirse a apertura de establecementos comerciais de menos de 400 metros cadrados tamén se establece a reapertura da hostalería e restauración coa reapertura das terrazas ao aire libre limitada ao 50% do número de mesas e establecendo un mínimo de 2 metros de distancia entre mesas. O ocupación máxima permitida por mesa é de 10 persoas. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
15 Xullo, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 Xuño, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.