bono_social_termico_825x293_nv

Xa está en marcha o Bono Social Térmico

Que é, a quen está dirixido, onde se solicita,… a continuación dámosche todos os detalles sobre o bono social térmico

 

O Bono Social Térmico é unha axuda ao gas que se lle concede a todos os usuarios que xa teñan o Bono Social Eléctrico, polo que está destinado a fogares vulnerables ou en risco de exclusión.

Esta medida aprobouna o Goberno en outubro de 2018 (Real Decreto-ley 15/2018), facéndose efectiva por primeira vez en 2019 para axudar ás persoas que sofren pobreza enerxética. 

A axuda mínima do Bono Social Térmico é de 25€ que pode chegar aos 123,94€ dependendo de grao de vulnerabilidade da persoa e da comunidade autónoma na que resida. 

A cantidade a percibir deberase recibir no primeiro trimestre de cada ano mediante un único pago, que se lle ingresará na conta bancaria do usuario.

 

Como solicitar o Bono Social Térmico 2019?

Para recibir o Bono Social Término non é necesario facer ningunha solicitude xa que se lle outorga de forma automática ao usuario ao ter o Bono Social Eléctrico. Se queres saber como solicitar o Bono Social Eléctrico, preme no seguinte enlace: http://www.concellodezas.org/portal-cidadan/noticia/gl/659/n ou infórmate no departamento de Servizos Sociais do Concello de Zas (981 70 83 03).

 

Enlaces de interese:

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 Outubro, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.