centro_saude_zas

O goberno municipal de Zas denuncia que o SERGAS non cubra as vacacións do persoal sanitario dos Centros de Saúde de Baio e de Zas

O alcalde, Manuel Muíño, enviará un escrito esixindo que se adopten as medidas precisas para garantir un servizo de calidade

 

O goberno municipal de Zas critica, unha vez máis, os recortes en sanidade que están sufrindo os nosos veciños e veciñas. Segundo as queixas recibidas pola veciñanza, o SERGAS non está a cubrir as vacacións do persoal sanitario que atende Centros de Saúde de Baio e de Zas. En concreto trátase de dous médicos titulares que atenden nos Centros de Saúde de Baio e de Zas.

A falta de facultativos é un problema que afecta a toda Galiza, mais as consecuencias non son as mesmas en todo o territorio. No caso do noso concello, a falta de médicos de Atención Primaria súmase aos recortes no servizo de Pediatría que sufrimos dende o ano pasado. Dende entón un especialista presta servizo un total de 15 horas á semana repartidas entre os Centros de Saúde de Zas e de Baio cando anteriormente o facía 35 horas ao mes. Fóra de ese horario, os doentes que o precisen deberán ser atendidos polo especialista en Atención Primaria pero a falta de persoal obriga ás familias a recorrer ao servizo de urxencias doutros centros hospitalarios para solucionar unha consulta que, en moitos casos, é propia da atención primaria e colapsando así as urxencias.

Ante esta situación, o Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, remitiralle un escrito ao SERGAS, que é a administración competente na materia sanitaria, trasladándolle o malestar dos/as usuarios/as e do propio Concello de Zas e esixindo que se adopten as medidas precisas para que os nosos veciños e veciñas reciban a atención médica que precisan e merecen.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 Outubro, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.