Festa_Carballeira_Baio_2019_web

Baio prepárase para unha nova edición da Festa da Carballeira

A organización do evento corre a cargo do Concello de Zas, en colaboración coa Asociación Cultural Adro e coa Comisión de Festas de Baio  

A Carballeira de Baio xa está preparada para encherse o próximo domingo, 30 de xuño, de merendas e de música. Será cunha nova edición da Festa da Carballeira que xa vai pola 39 e que ano tras ano se converte nun punto de encontro interxeracional no que a diversión está asegurada.

A festa comeza cunha sesión vermú que amenizarán o grupo de música tradicional da Asociación Cultural Adro e o dúo D`Festa. Pero a troula non cesará durante todo o día, así despois de repoñer forzas co xantar será a charanga Santa Compaña a que anime a sobremesa por cada unha das merendas xunto cunha foliada aberta a todos e a todas e organizada pola Asociación Cultural Adro. E xa a partir das 20:00 horas actuarán o dúo D`Festa e o dúo Charada que animarán a festa ata ben entrada a noitiña.

A organización da Festa da Carballeira de Baio corre a cargo do Concello de Zas que conta coa colaboración da Asociación Cultural Adro e da Comisión de Festas de Baio.  Co fin de  preservar a carballeira e a súa contorna e para que todos e todas os asistentes gocen da festa, non está permitido facer lume no chan, instalar carpas pechadas nin equipos musicais. 

Camisetas

Por outra banda, xa se poden adquirir as camisetas da Festa da Carballeira deseñadas para a ocasión por Adrián Varela. As camisetas están á venda ao longo de toda a semana no Bar Cruce, na Cervecería Río Grande e no Bar Trébol. O prezo é de 7€ e tamén está dispoñible un pack composto por camiseta, pañoleta e mochila por 10€. A venta do material corre a cargo da Comisión de Festas de Baio.

Boa festa a todos e a todas! Eiii Carballeira!

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

10 Marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
18 Febreiro, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
17 Febreiro, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.