VI_Carreira_Pedestre_Zas_Trofeos

A VI Carreira Pedestre de Zas bate marcas con máis de 900 inscritos

  • As probas,  que se enmarcan no VI Circuíto Correndo pola Costa da Morte, disputaranse  mañá pola tarde e tanto a saída como a meta estará ubicada na praza do Concello
  • Ante as altas temperaturas previstas, os corredores e corredoras terán un punto de refresco e varias zonas de avituallamento

A participación na Carreira Pedestre do Concello de Zas vai a máis. As cifras falan por sí soas unha vez pechado o prazo de inscrición. En total, 913 persoas formalizaron a súa inscrición sendo a proba dos 10k a máis numerosa. Na proba absoluta participarán 365 deportistas; 210 na 3k Contra o Cancro mentras que nas diferentes categorías inferiores participarán máis de 330 de corredores e corredoras.

O servizo de entrega de dorsais estará operativo a partir das 15:00 horas na praza do Concello.  As probas comezan ás 16:50 horas e tanto a saída como a meta estará ubicada na praza do Concello de Zas. Os primeiros en saír serán os/as participantes das categorías benxamíns e alevíns. A continuación, ás 17:15 horas farano os participantes na absoluta 3K Contra o Cancro e uns minutos despois, ás 17:17 horas, sairán as categorías infantil, cadete e xuvenil. Ás 18:00 horas arrincarán os da 10K Sénior, M40 e M50. E xa por último, ás 19:20 horas sairán os pitufos.

Esta é unha proba que se enmarca no VI Circuíto Correndo pola Costa da Morte, na que participan outros dez concellos da zona. O de Zas está considerado como un dos circuítos “máis verdes” debido a que unha boa parte do percorrido adéntrase en zonas cargadas de vexetación e sen asfalto. O trazado discorre polas parroquias de Zas, Loroño Vilar e Lamas.

Climatoloxía

En canto á climatoloxía, as predicións indican que nos acompañarán os ceos despexados e unha temperatura alta para esta época do ano, con máximas que poden chegar até os 29º. E para que os corredores e corredoras leven mellor estas temperaturas haberá un punto de refresco (cunha cortina de auga) e varios puntos avituallamento intermedios e na meta.  Ademais destas medidas, dende a organización agradecemos aos participantes que extremen todas as precaucións.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 Agosto, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 Agosto, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 Agosto, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
30 Xullo, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.