VI_Carreira_Pedestre_Concello_de_Zas

Xa está aberto o prazo de inscricións para a VI Carreira Pedestre de Zas que se celebrará o 1 de xuño

A proba, organizada o Concello de Zas e que se enmarca no V Circuíto Correndo pola Costa da Morte, está considerada como unha das “máis verdes” de todo o circuíto

Non paramos! Despois do magnífico duatlón e andaina organizado pola Asociación de Veciños Tabeirón de Baio, xa está aberto o prazo de inscricións para a VI Carreira Pedestre de Zas. A cita será o sábado, 1 de xuño e as anotacións nas diferentes categorías poden realizarse ata o 29 de maio, ainda que as que se fagan antes do día 27 teñen desconto.

A Carreira Pedestre de Zas forma parte do VI Circuíto Correndo Pola Costa da Morte composto por dez carreiras noutros tantos municipios da Costa da Morte e que este ano está apadriñado por Damián Espasandín Lema.

A carreira “máis verde”

Tanto o punto de saída como o de chegada de todas as probas será a praza do Concello de Zas. As diferentes probas discorrerán por distintos lugares das parroquias de Zas, Loroño, Vilar e Lamas pasando por algúns dos lugares máis emblemáticos do noso municipio e cun claro predominio de espazos sen asfalto o que o converte nunha das carreiras “máis verdes” de todo o circuito. Sen chegar a ser unha proba dura, si que é esixente principalmente no seu tramo final marcado por un lixeiro ascenso ata chegar á meta. Unha das novidades deste ano será o percorrido da 10k, no que se combinará asfalto, pistas de terra e un tramo á beira do río que axudará a que os corredores desfruten aínda máis da carreira.

As probas disputaranse na tarde do sábado día 1 de xuño. Primeiro será a quenda dos benxamíns e alevíns que sairán da meta ás 16:50 horas. Ás 17:15 horas farano os participantes na absoluta 3K Contra o Cancro e un minutos despois, ás 17:17 horas, sairán as categorías infantil, cadete e xuvenil. Ás 18:10 horas arrincarán os da 10K Sénior, M40 e M50. E xa por último, ás 19:20 horas sairán os pitufos.

As inscricións poden materializarse xa a través da páxina web www.championchipnorte.com e www.correndopolacostadamorte.com. Os/as corredores/as que se anoten antes do 27 de maio, teñen desconto e pagarán 8€ + 1€ para a inscrición. As inscricións que se formalicen o martes e o mércores (28 e 29 de maio) terán un custe 11€ +1€ de inscrición. Para as categorías base, a inscrición é de balde.

Horarios e percorridos

Nos seguintes enlaces podedes ver os percorridos de cada unha das probas.

 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 Outubro, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.