O Goberno Municipal de Zas esixe que o Sergas explique os motivos da cancelación das citas no servizo de pediatría

Na mañá de onte, 9 de maio, os nenos e nenas do noso municipio quedaron sen atender ao cancelárselle sen previo aviso a súa consulta

Sen previo aviso e sen ningún tipo de explicacións un bo número de nenos e nenas do noso municipio quedaron hoxe sen atender despois de que se cancelaran as súas citas programadas para o servizo de pediatría. Segundo as queixas recibidas esta mañá, a situación agrávase moito máis xa que tampouco é posible pedir cita dentro deste servizo para os próximos días 13 e 29 de maio. Estes feitos obrigan ás familias a recorrer ao servizo de urxencias para solucionar unha consulta propia da atención primaria colapsando así as urxencias e tendo que desprazarse a outros centros de saúde.

“Descoñecemos totalmente os motivos destas cancelacións”, indica o Alcalde de Zas, Manuel Muíño. Ante esta situación, o Concello de Zas presentará mañá unha reclamación no Sergas – Servizo Galego de Saúde – para trasladarlle, por unha parte, o malestar da nosa veciñanza e, por outra, para solicitar que de unha vez por todas se garanta o servizo nos dous centros de saúde do noso municipio.

Despois dos recortes do ano pasado, o servizo de pediatría no concello de Zas reduciuse a 15 horas de atención semanal repartidas nos centros de saúde de Zas e de Baio. Unha atención que tanto para o goberno municipal como para os centos de familias afectadas resulta insuficiente.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Xullo, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 Xuño, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 Xuño, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.