Avenida_Cacharoza_Baio

A Deputación e o Concello de Zas investirán máis de 117.000 euros na 1ª fase das obras de mellora da Avenida da Cacharosa

A actuación consistirá na renovación das  infraestruturas e  da rede de saneamento así como a substitución do pavimento dun dos tramos da marxe esquerda da Avenida da Cacharosa (dirección A Coruña) que discorre entre o cruce de Baio Pequeno e o cruce de Zas

 

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe un convenio nominativo para o financiamento da mellora de infraestruturas, da rede de saneamento e da renovación do pavimento dun dos tramos da marxe esquerda da Avenida da Cacharosa de Baio en plena estrada comarcal AC 552. Os traballos suporán un investimento de 117.899,34 euros, dos que o 80%  (94.319,47€) serán achegados pola Deputación e o 20% restante polo Concello de Zas.

Este convenio de colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de Zas permitirá que en breve comecen os traballos nunha zona que presenta numerosas carencias en canto ao saneamento se refire ademais da necesidade da renovación do pavimento. A primeira fase dos traballos executarase entre os puntos quilométricos 57,600 (cruce de Baio Pequeño)  e 57,200 (cruce de Zas) da marxe esquerda da AC-552 (dirección A Coruña) por ser a que maiores dificultades presenta actualmene. Unha vez remata esta 1ª fase dos traballos, iniciarase o proceso para estendelas melloras ao resto da Avenida da Cacharoza.

Con esta actuación substituiránse as redes de saneamento – que actualmente son de fibrocemento -, realizaranse as acometidas de auga e tamén se canalizarán as augas pluviais. En canto ao aspecto, está prevista a renovación do pavimento co que mellorará notablemente a imaxe desta zona urbana.

Nos próximos días, o Alcalde de Zas e Deputado Provincial, Manuel Muíño Espasandín, e un representante da Deputación da Coruña asinarán o convenio que lle permiten ao Concello de Zas – e grazas á colaboración coa Deputación da Coruña –  continuar co seu plan de mellora das infraestruturas incrementando así a calidade dos servizos que se ofrecen á veciñanza.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Abril, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 Abril, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 Abril, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 Abril, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 Abril, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
28 Marzo, 2026
O Concello de Zas continúa a consolidar a súa programación cultural coa inauguración da exposición ‘Aires da Terra’, da artista Is...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.