presentacion_semescom_rio_do_porto

O Semescom presenta en Baio o libro “O Río do Porto, o río grande da Terra de Soneira”

No acto interviron os seus autores -Evaristo Domínguez, Xan Fernández, Moncho Gándara e Xosé Mª Lema – acompañados polo Alcalde de Zas

 

O río do Sixto, o río de Baio, o río do Mosquetín, o río de Torelo… son moitos os nomes cos que a veciñanza se refire a un dos ríos máis importantes da Terra de Soneira e que nace por detrás do Pico de Meda. Así o demostraron onte os autores de “O río do Porto, o río grande da Terra de Soneira”  durante a presentación do libro que tivo lugar onte pola mañá no Auditorio de Baio. A obra está editada polo Seminario de Estudos da Costa da Morte – Semescom – e co-patrocinada polos concellos de Zas, Vimianzo e Camariñas.

Coa pretensión de “restituir de forma paulatina o seu nome” – tal e como o indicou Xosé Mª Lema na presentación  – naceu esta obra colectiva na cal traballaron arreo durante ano e medio os soneiráns: Evaristo Domínguez, Xan Fernández, Moncho Gándara e Xosé Mª Lema. Unha das maiores peculiaridades deste río é o seu nome que, dende séculos atrás, foi incerto. E así o demostran moitos dos documentos que se recollen nel.

Trátase dunha obra na que se recompilan datos de importancia como a presenza do río na literatura, a evolución do seu nome a través da historia así como a descripción dos seus cursos alto, medio e baixo. As máis de 150 fotografías e os distintos gráficos, mapas e cadros que o acompañan fan que éste sexa un exemplar de elevada importancia tanto a nivel informativo, documental e incluso turístico.

Ademais dun nutrido grupo de veciños e veciñas, no acto de presentación do libro tamén estivo o Alcalde de Zas – Manuel Muíño Espasandín – quen destacou a importancia deste libro e incluso recordou algunhas anécdotas persoais que garda con relación ao río.

“O río do Porto, o río grande da Terra de Soneira”  está á venda nas diferentes librerías do Concello de Zas e da comarca.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 Outubro, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.