Mostra_teatro_afeccionado_labarta_pose_concello_zas

A IV Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” bate marcas de participación con 43 obras presentadas

  • O xurado seleccionará os cinco espectáculos que se representarán os días 23 e 30 de marzo e 6, 13 e 27 de abril distribuídas entre o auditorio de Baio e o de Zas
  • As 43 obras chegan de 35 compañías ou grupos de teatro afeccionado de distintos puntos de toda a xeografía galega

A Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, organizada polo Concello de Zas a través da Concellería de Cultura, chega nesta cuarta edición máis forte ca nunca. E unha proba diso son as 43 obras de teatro que se presentaron ao certame; un cifra que bate con amplitude a mellor marca de participación de todas as edicións.

Entre as obras da IV Mostra de Teatro Afeccionado hai propostas de 35 compañías diferentes chegadas dende Corcubión, Santa Comba, Noia, Muros, Arteixo, Santiago de Compostela, A Coruña, Fene, Ortigueira, Lugo, O Barco de Valdeorras, Ourense, Vigo, Pontevedra, entre outros puntos da xeografía galega. A temática predominante é a comedia ainda que tamén se presentaron outros xéneros como o drama, musicais ou a intriga.

Selección das obras finalistas

Unha vez pechado o prazo de inscrición, chega o turno do xurado que será o encargado de seleccionar os cinco espectáculos finalistas que se representarán os días 23 e 30 de marzo e 6, 13 e 27 de abril distribuídas entre o auditorio de Baio e o de Zas. Desta difícil selección encargaranse membros do Concello de Zas e do grupo de teatro Badius.

Entre as novidades desta cuarta edición, está a cuantía dos premios – que ascende a 3.500 euros – e a súa distribución. Así haberá cinco premios de 900, 800, 700, 500 e 400 euros cada un que outorgará o xurado e outro premio de 200€ para a mellor obra valorada polo público. Ademais do premio en metálico, os gañadores recibirán un trofeo conmemorativo e un diploma acreditativo.

“Este salto en canto ao número de participantes é un indicador de que o teatro afeccionado está máis vivo ca nunca e que polo tanto se merece unha mostra na que recoñeza a importante labor que fan os centos de grupos e compañías”, sinala Manuel García Velo, Concelleiro de Cultura en Zas. A entrega de premios terá lugar o 9 de xuño coincidindo coa clausura da nutrida Escola de Teatro Afeccionado coa que conta o Concello de Zas.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 Outubro, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.